Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1999, do organismo autónomo local Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da concesión da xestión e explotación do bar do pavillón municipal dos deportes.

1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo local Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, rúa J.M. Pintos s/n, 36071 Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión e explotación do bar do pavillón municipal de deportes.

b) Duración da concesión: o contrato de xestión e explotación do bar do pavillón municipal dos deportes terá unha duración de seis anos, podendo prorrogarse por anos ata un máximo de dous máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon: o prezo tipo mínimo do contrato fíxase en 120.000 pesetas ó ano.

5. Garantías.

a) Provisional: 50.000 pesetas.

b) Definitiva: o importe dunha anualidade do canon de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, rúa J.M. Pintos s/n, 36071 Pontevedra, teléfono 986 87 20 12.

b) Data límite da obtención de documentos e información: vinteseis (26) días contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13 do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra no Pavillón Municipal dos Deportes, rúa J.M. Pintos s/n, en horario de 9 a 13 horas.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o día seguinte hábil ó de remate do prazo sinalado para a presentación de ofertas, se coincidise en sábado, a apertura realizarase o día seguinte hábil, ás 12 horas na sala de xuntas do concello.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Maior canon anual ofertado polo licitador que se lle aboará ó Instituto Municipal de Deportes polo uso dos bens de dominio público, respecto do establecido no presente prego como canon mínimo. Valorarase ata un máximo do 40%.

b) Prezos ofertados polos servicios que van presta-los licitadores (tarifa de prezos). Valorarase ata un 30%.

c) Calidade e importe do mobiliario, decoración, menaxe, etc. que se realizará nas instalacións do bar. Valorarase ata un 20%.

d) Medios persoais adscritos ó servicio: número e cualificación. Valorarase ata un 10%.

10. Gastos: serán de conta do adxudicatario os seguintes gastos:

1º Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

2º Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

3º Os gastos que se xeren da explotación do local destinado a bar e o imposto de actividades económicas.

4º Tódolos gastos que xere a adaptación do local e, de se-lo caso, do seu contorno ó destinado bar como actividade prevista.

5º Os gastos de mantemento das zonas afectadas pola concesión.

Pontevedra, 2 de decembro de 1999.

Manuel Xesús Fontán BouzasAdolfo Castro Pérez

Presidente do organismo autónomoSecretario do organismo autónomo

local Instituto Municipal delocal Instituto Municipal de

Deportes de PontevedraDeportes de Pontevedra