Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Resolución do Concello de Sada pola que se anuncia a adxudicación mediante concesión administrativa, polo procedemento aberto e concurso, do servicio de xardinería do termo municipal de Sada.

Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a concesión administrativa do servicio público de xardinería do termo municipal de Sada.

Duración do contrato: catro anos.

Tipo de licitación: non se fixa tipo de licitación. Non se admiten variantes.

Garantía provisional: será de 500.000 ptas.

Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

Garantía definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

Presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para presentación de proposicións.

Sada, 3 de decembro de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde