Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (146/1999).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador Sr. Chouciño Mourón, en nome e representación de María Lucinda Rama Pombo, contra Alfonso Espasandín Pombo e Ministerio Fiscal, dictouse con data do 29 de novembro de 1999 sentencia que contén o encabezamento e a parte dispositiva que literalmente din:

«En Carballo o vintenove de novembro de mil novecentos noventa e nove. Vistos por Carmen Caramés Millán, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os autos de separación conxugal nº 146/1999, promovidos por María Lucinda Rama Pombo, representada polo procurador José Luis Chouciño Mourón e defendida polo letrado Juan Carlos Castro Pombo, contra Alfonso Espasandín Pombo, declarado en rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que estimando parcialmente a demanda de separación conxugal interposta polo procurador Sr. Chouciño Mourón, actuando en nome e representación de María Lucinda Rama Pombo, contra Alfonso Espasandín Pombo, debo declarar e declaro a separación xudicial do matrimonio contraído por María Lucinda Rama Pombo e Alfonso Espasandín Pombo o 26 de marzo de 1986, con tódolos efectos legais inherentes para tal declaración e, en especial os seguintes:

1. Cesa a presunción de convivencia conxugal, cesando a posibilidade de vincular bens doutro cónxuxe ó exercicio da potestade doméstica.

2. Atribúeselle a garda e custodia dos fillos habidos do matrimonio a María Lucinda Rama Pombo, manténdose a patria potestade compartida por ámbolos dous proxenitores, e establecéndose a favor do proxenitor non convivente, Alfonso Espasandín Pombo, o dereito de visita-los seus fillos de conformidade co réxime establecido no fundamento terceiro (parágrafo 2) desta resolución.

3. Fíxase a cargo de Alfonso Espasandín Pombo como pensión alimenticia a favor dos fillos menores, María del Carmen, José Manuel, Yesica e Daniel, a cantidade de 80.000 ptas. mensuais aboables nos cinco primeiros días de cada mes e obxecto de revisión anual conforme as variacións que experimente o IPC.

4. Atribúeselle o uso da vivenda que constituíu o domicilio conxugal a María Lucinda Rama Pombo.

5. Non hai lugar a fixar pensión compensatoria a favor de María Lucinda Rama Pombo.

6. Firme esta resolución producirá a disolución do réxime económico matrimonial, a liquidación do cal se levará a cabo en execución de sentencia, de solicitalo algunha das partes.

Notifíquese esta resolución unha vez firme ó Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio dos

cónxuxes. Todo iso sen facer expresa imposición das custas procesuais. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Lévese testemuño desta ós autos de referencia e o orixinal ó Libro de Sentencias.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, así como para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado rebelde Alfonso Espasandín Pombo, en ignorado paradoiro, expídese este edicto en Carballo o quince de decembro de mil novecentos noventa e nove.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado