Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.099

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de xaneiro de 2000 pola que se designan tres vocais da comisión de selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 22 de novembro de 1999.

O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13 de xaneiro) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6 de outubro) polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que selecciona os aspirantes para participaren nos cursos para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por tres vocais designados polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública. En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar como vocais da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública, do 22 de novembro de 1999, as seguintes persoas:

-Joaquín López-Rúa Soler, director xeral da Función Pública da Xunta de Galicia.

-Jaime Bouzada Romero, inspector xeral de Servicios da Xunta de Galicia.

-Javier Suárez García, director xeral da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública