Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.099

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo de procedemento abreviado 351/1999, interposto por José Manuel Vázquez Díaz.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número tres da Coruña, providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado nº 351/1999, interposto por José Manuel Vázquez Díaz contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 11 de outubro de 1999, pola que se desestima recurso de alzada contra a Reso

lución do 28 de xuño de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), pola quenda de promoción interna.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública