Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

EDICTO do 1 de decembro de 1999, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, sobre cambio de titularidade do predio 81 dos afectados pola expropiación forzosa feita co gallo da obra N/LC/83.4 Ponte e accesos sobre os ríos Pego, Moaves e San Xoán C-543 de Santiago de Compostela a Noia, termo municipal de Santiago de Compostela.

Por resolución do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 9 de novembro de 1999, acordouse proceder ó cambio de titularidade do predio 81 dos afectados pola expropiación forzosa feita co gallo da obra de clave: N/LC/83.4 Ponte e accesos sobre os ríos Pego, Moaves e San Xoán C-543 de Santiago a Noia, no termo municipal de Santiago de Compostela.

Por este edicto e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cítase a José Fernández González, do que se descoñece o domicilio, e a cantas persoas poida afecta-la indicada resolución, co fin de que, no prazo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer ante o Servicio Provincial de Estradas da Coruña, para os efectos de coñecer, na súa totalidade, o contido da resolución acordada e realizar, se é o caso, as actuacións que consideren procedentes.

A Coruña, 1 de decembro de 1999.

P.A.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe