Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Leche Celta, S.A.
Domicilio social: r/ Polígono Industrial de Meira, 27000 Meira.
Denominación: anteproxecto planta de coxeración Leche Celta (Meira).
Situación: Meira.
Descricións técnicas: combustible: gasóleo. Grupo motor: 2 Deutz TBD620V16 de 1.760 kW. Grupo xerador: 2 de 2.100 kVA, 400 V. Transformadores de potencia: 2 de 2.500 kVA 0,4/20 kV. Previsión de enerxía eléctrica cedida á rede: 11.858,6 MWH/ano.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 20 de setembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo