Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Vilachá de Mera.
Situación: Lugo.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 1.110 m de lonxitude total. Centro de tranformación de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V no lugar de Vigo. Centro de transformación de 100 kVA e relación 20.000/380-220 V no lugar de Liñán. Liña de baixa tensión en conductor R.Z. de 1.995 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 30 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo