Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T.A., L.M.T.S., C.T. r/ Poeta Añón-R.B.T Outes.
Situación: Outes.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 36 m de lonxitude, con orixe na liña Outes-Pino do Val, seguida de tramo subterráneo, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x240) mm Al, de 610 m de lonxitude con final no C.T. Poeta Añón, que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión subterránea, con conductor R.V. de 185 m seguido de tramo aéreo sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 45 m. Serra de Outes.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta
blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 10 de decembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña