Por acordo do Pleno do Concello de Allariz do 26 de novembro de 1999, acordouse convocar concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación, formalización e execución do contrato que ten por obxecto a asistencia técnica para a realización dos traballos de redacción do Plan xeral de ordenación municipal, aprobando, para tal efecto, os pregos de cláusulas administrativas e técnicas, os cales se expoñen por prazo de oito días hábiles. En caso de presentárense reclamacións contra eles, aprazarase a licitación.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Allariz.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente U9901-P.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: asistencia técnica para a realización dos traballos de redacción do Plan xeral de ordenación municipal.
b) División por lotes e números: non hai.
c) Lugar de execución: Concello de Allariz.
d) Prazo de execución ou data límite de entrega:
-Entrega do avance do PXOM: 6 meses desde a sinatura do contrato.
-Entrega para a súa remisión a informe previo á aprobación inicial: 4 meses desde o remate da exposición pública do avance.
-Informe dos traballos, reclamacións e redacción do documento definitivo para eleva-lo informe previo á aprobación definitiva: 2 meses contados desde o remate do prazo de exposición pública.
-Redacción do documento refundido ou definitivo previsto na alínea 4.2.4 do prego de prescricións técnicas: 1 mes contado desde a aprobación definitiva.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 13.068.999 pesetas, IVE incluído.
5. Garantías.
Provisional: 261.360.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Allariz.
b) Domicilio: praza Maior, 1.
c) Localidade e código postal: 32660 Allariz (Ourense).
d) Teléfono: 988 44 00 01.
e) Telefax: 988 44 11 54.
f) Data límite de obtención de documentación e información: último día do prazo de exposición pública.
7. Requisitos específicos do contratista.
Os sinalados na alínea de referencias técnicas (sobre C), alínea 9ª do prego de cláusulas económico-administrativas segundo se explica no anuncio extenso publicado no BOP.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a descrita nos sobres A, B e C, segundo anuncio extenso publicado no BOP.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Allariz.
2ª Domicilio: praza Maior, 4, Allariz.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata o remate do contrato.
e) Admisión de variantes (concurso): non.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: concello.
b) Domicilio: praza Maior, 1.
c) Localidade: Allariz.
d) Data: o primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo para a presentación de plicas.
e) Hora: 12 horas.
Allariz, 16 de decembro de 1999.
Anxo M. Quintana González
Alcalde