A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria celebrada o día 21 de decembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de actuación 60 das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, promovido de oficio e redactado polos servicios técnicos municipais, que queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia; durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido presentándose nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes (expediente 31/99 PED).
Arteixo, 11 de xaneiro de 2000.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente alcalde