Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

En sesión ordinaria da Comisión de Goberno do día 7 de decembro de 1999 e por delegación da alcaldía (Resolución 7-7-1999) aprobouse inicialmente o estudio de detalle da área de reparto Ar-38, polígono 5, do vixente PXOM, na zona de Botos, Lalín, a instancia de Pumade, S.A., e redactado polo arquitecto Juan García Pérez.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, exponse ó público o expediente durante o prazo dun mes, contado desde a data de inserción deste anuncio no DOG, para que poida examinarse o mesmo e presenta-las alegacións ou reclamacións que se estimen pertinentes.

Lalín, 14 de decembro de 1999.

José Crespo Iglesias

Alcalde-presidente