O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 21 de outubro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de bases de actuación e estatutos para a constitución e funcionamento da xunta de compensación da unidade de execución industrial II-03 Santo André de Comesaña (expediente 4168/401), presentado coa data do 15 de setembro de 1999 no rexistro da xerencia de urbanismo, por Juan Álvarez Rial e Elisa Pazos Beiro, en representación da comisión xestora de propietarios do devandito polígono.
Sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días, mediante a inserción de anuncios no DOG, segundo establece o artigo 133.4º da Lei1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co artigo 102 da mesma lei; e no BOP (artigo 161.3º do RXU), con inserción neste último do proxecto de bases de actuación e estatutos.
O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primeiro anuncio, ata transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio, para que presenten documentación ou alegacións que esitmen pertinente. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de información urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo, planta baixa do edificio da Xerencia.
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan se notificados persoalmente.
Vigo, 26 de novembro de 1999.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo