Por resolución desta alcaldía nº 7113/1999, do 30 de decembro de 1999, acordouse aprobar inicialmente os estatutos e bases de actuación da futura xunta de compensación do S.U.N.P. A-42-R, en Montrove-Liáns.
Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo de vinte días a través de anuncio no DOG, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.
Oleiros, 11 de xaneiro de 2000.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta

