Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 14.2 do Plan Xeral de Ordenación Urbana A Parda.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día vinte de decembro de mil novecentos noventa e nove acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 14.2 do Plan Xeral de Ordenación Urbana A Parda, formulado pola súa xunta de compensación, denominada da U.A. nº 14.2 do PXOU A Parda e redactado polos arquitectos José Vicente Rodríguez Pagán e Daniel Gómez Ayuso, con visado da Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do 9-3-1999.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da

Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citad Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa lei, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte dereito.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente-alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral