A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 10 de xaneiro de 2000, aprobou inicialmente a delimitación da unidade de execución (UX-L) do plan especial de reforma interior dos Concheiros-Cotaredo-San Lázaro, promovida polos servicios técnicos municipais, e a actuación polo sistema de cooperación.
O ámbito delimitado está comprendido entre os seguintes lindes:
Norte: edificio número 11 da rúa Monte dos Postes.
Sur: edificio número 75 da rúa das Fontiñas.
Leste: rúa Monte dos Postes.
Oeste: terreos da Cooperativa de Vivendas Compostela Tres.
En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2000.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde

