A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 10 de xaneiro de 2000, aprobou inicialmente a delimitación da unidade de actuación número 12 do plan especial de reforma interior de Ponte Pedriña (UA-12), promovida polos servicios técnicos municipais e a actuación polo sistema de cooperación.
O ámbito delimitado inclúe os edificios números 15, 17, 19, 21 e 23 da rúa Ulla e os seus terreos anexos.
Os lindes da actuación son:
Norte: número 25 da rúa Ulla.
Sur: número 13 da rúa Ulla.
Leste: rúa Ulla.
Oeste: patio do edificio número 16 da rúa de Xoana Nogueira; edificios números 9 e 10 da ruela de Brión e calzada desta ruela.
En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2000.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde

