A Comisión de Goberno na sesión do día 22 de novembro de 1999, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 1 do SUP-5 da Choupana, promovido por Sociedade Cooperativa Veivenda Local Galega.
O ámbito da urbanización correspóndese cos seguintes lindes:
Norte: estrada de Santiago a Noia (C-543), entre o nó de Romero Donallo e terreos do polígono 2 do plan parcial.
Sur: barrio de Santa Marta de Abaixo e edificacións que dan fronte á rúa da Espiñeira.
Leste: terreos do polígono 2 do plan parcial.
Oeste: confluencia das avenidas Mestre Mateo e Romero Donallo, e rúa de Tras Espiñeira.
O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a todos aqueles que, por seren descoñecidos ou ignorarse
o seu paradoiro, non poidan ser notificados persoalmente, e que de seguido se relacionan:
Propietario Parcela
Ángeles Ribas Calvo 59, 134
Hros. de María Amado 57
Hros. de José Gómez 35, 112, 114
Hros. Seoane B-66
Hros. Seoane Fraga 118
Jesús Regueiro Raña 121
Jesusa Bouzas García 34
Ramona Boquete 2
Hros. Garazo Rey 113 (1/4 parte)
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2000.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde

