Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá o concurso para a execución dos traballos de redacción do Plan xeral de ordenación municipal e execución de cartografía do municipio de Sanxenxo, exponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo anúnciase a convocatoria de concurso para a contratación da devandita redacción.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Sanxenxo. R/ Consistorio, 4-6. 36960 Sanxenxo-Pontevedra. Teléfono 986 72 00 75. Telefax 986 72 10 22.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto.

3. Lugar de entrega: rexistro xeral do Concello de Sanxenxo.

4. a) Obxecto do contrato: execución dos traballos de redacción do Plan xeral de ordenación municipal e execución de cartografía do municipio de Sanxenxo.

b) Prezo ou orzamento do contrato: 70.000.000 de pesetas.

5. Prazo de entrega: 20 meses.

6. Solicitude de documentación: véxase o punto 1.

7. a) Data límite de recepción de ofertras: día tres de marzo, ou vencemento do prazo de 26 días desde a publicación do último anuncio no BOE, BOP e DOG, se é posterior ó tres de marzo.

b) Enderezo: ver punto 1. Rexistro xeral.

8. Persoas admitidas á apertura de plicas: acto público.

9. Apertura de plicas: día 6 de marzo, ás doce horas, no salón de plenos da Casa do Concello de Sanxenxo (véxase punto 1). Salvo que se dera o suposto do punto 7, sendo en tal caso o terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo, no mesmo lugar e hora, agas se coincide en sábado, caso no que se prorrogará ata o luns seguinte ou día inmediatamente hábil posterior en caso de ser festivo.

10. Fianzas e garantías: fianza provisional: 1.400.000 pesetas. Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

11. Forma de pagamento e financiamento: véxase o prego de condicións.

12. Información adicional: os licitadores deberán presenta-las súas ofertas axustadas ó modelo de proposicións previsto no prego de condicións e, así mesmo, presentarán os documentos que nel se sinalan.

13. Data de envío do anuncio o Diario Oficial das Comunidades Europeas: 11 de xaneiro do ano 2000.

Sanxenxo, 11 de xaneiro de 2000.

Telmo Martín González

Alcalde