Aprobado o prego de condicións económico-administrativas e mailo de condicións técnicas para a concesión administrativa do servicio da recollida do lixo no concello de Sanxenxo (expediente corrixido por erros materiais e declaración de urxencia no Pleno do día 5-2-2000), expóñense a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria de concurso para a contratación do devandito servicio.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Sanxenxo.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: servicio de recollida do lixo no concello de Sanxenxo.
b) Prazo do contrato: 3 anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 41.195.000 pesetas.
5. Garantías.
Provisional: 823.900 pesetas.
Definitiva: 4% do prezo do primeiro ano da concesión.
6. Obtención de documentación e información.
Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Teléfono 986 72 00 75-76. Fax: 986 72 10 22.
Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros: acreditar solvencia económica e técnica.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite: a que resulte de contar 13 días naturais desde o seguinte á aparición da última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de condicións económico-administrativas.
c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade e domicilio: ver punto 6.
b) Data: o terceiro día hábil seguinte ó de remate da presentación de ofertas.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións.
Criterios de adxudicación: cláusula 19 do prego respectivo.
11. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
Sanxenxo, 5 de febreiro de 2000.
O alcalde
Rubricado

