A Comisión de Goberno deste concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 28-1-2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación do SAU-4 de Cacheiras, redactado por Mahía Santiago, S.L.
En cumprimento do establecido polo artigo 133.4º, en relación o 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días, contado desde a publicación deste anuncio no DOG.
Teo, 4 de febreiro de 2000.
Armando Blanco Martínez
Alcalde

