Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.169

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 19 de xaneiro de 2000 pola que se crea o polígono de viveiros Cedeira A e se declara como zona de interese especial de cultivos mariños.

Os cultivos mariños representan un sector estratéxico na Comunidade Autónoma de Galicia, con grandes perspectivas de desenvolvemento nos vindeiros anos.

A evolución da acuicultura, coa incorporación de novas especies, a aplicación de modernas tecnoloxías e basicamente a necesidade de incrementa-la producción en resposta a unha maior demanda do mercado, obriga a dispoñer de novas áreas de cultivo, onde poder situa-los novos establecementos, sen satura-las zonas que actualmente se encontran en explotación.

A concorrencia doutros usos na zona marítima esixe a delimitación mediante polígonos das áreas destinadas á instalación dos viveiros (gaiolas, bateas e liñas de cultivo); onde se leve a cabo a actividade acuícola, sen interferir noutras tales como a navegación, a pesca ou a defensa nacional.

A declaración de zona de interese de cultivos mariños daqueles polígonos que polas súas peculiares

características aconsellen protección, evita a concorrencia doutros usos incompatibles ou que puidesen interferir negativamente no correcto desenvolvemento da actividade acuícola.

Por todo isto, vistos os informes que constan no expediente, facendo uso das facultades que en materia de declaración de zonas de interese marisqueiro e de cultivos mariños concede á Comunidade Autónoma Galega o Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado. En desenvolvemento da alínea d) do artigo 6, da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, así como do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Créase o polígono de viveiros que se sinala a continuación:

Distrito: Cedeira.

Polígono: A.

Ubicación: ría de Cedeira (A Coruña).

Coordenadas: sinaladas no anexo.

Superficie: 221.200 m.

Capacidade: 20 cuadrículas.

Destiño previsto: cultivos mariños.

A situación xeográfica do polígono será a indicada no anexo desta orde.

Artigo 2º

Declárase de interese especial de acuicultura o polígono de viveiros creado no artigo 1º.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Recursos Mariños para dicta-las resolucións que foran precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entra en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

Coordenadas, vértices:

Vértice A: 43º39,7790'N 8º05,0120'W

Vértice B: 43º39,3950'N 8º04,8350'W

Vértice C: 43º39,3220'N 8º05,0840'W

Vértice D: 43º39,5020'N 8º05,1720'W

Vértice E: 43º39,5310'N 8º05,0680'W

Vértice F: 43º39,7320'N 8º05,1620'W

Estas coordenadas foron obtidas da carta nº 930, publicada polo Instituto Hidrográfico da Mariña (Cádiz).