Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.171

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A., con nº de código 3602892, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-12-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 30-11-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de xaneiro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Componentes

de Vehículos de Galicia, S.A.

Título I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do presente convenio colectivo é para o centro de traballo da empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A., situada actualmente no concello do Porriño.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta o persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, agás os que desempeñan cargos de conselleiros e os contratos de alta dirección ou de alta xestión da empresa.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio será a partir do 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 2000, quedando prorrogado integramente ata a súa substitución por outro convenio colectivo de empresa.

Artigo 4º.-Prórroga.

Extinguido o período de vixencia, a denuncia deste convenio considérase automática.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas que viñese desfrutando o persoal.

Artigo 6º.-Absorbibilidade.

Terán o carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que poidan estar desfrutando os traballadores ou calquera outra que por disposición legal, durante a vixencia deste convenio, puidesen establecerse.

Artigo 7º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os comités de empresa, terá por funcións.

a) Vixilancia do cumprimento do pactado.

b) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade da reclamación ante a xurisdicción competente segundo a lexislación vixente.

c) A comisión estará composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa.

Os dous representantes da empresa serán da súa libre elección, sen que en ningún caso poidan exceder en número á representación social.

Por acordo de ámbalas partes poderase nomear un presidente entre as persoas da comisión.

As normas de funcionamento da comisión determinaraas a propia comisión.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí acordadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa práctica serán consideradas globalmente.

Título II

Condicións laborais

Artigo 9º.-Cómputo horario anual.

O cómputo anual de horas que se realizarán no ano 1999 será de 1.792 horas. E o cómputo anual de horas que se realizará no ano 2000 será de 1.776.

De ser necesario, para cumprilo, utilizaranse días de axuste horario:

Para o ano 1999:

28 e 29 de decembro.

Para o ano 2000:

Como consecuencia da xornada pactada e do calendario laboral para o ano 2000 establécense as normas de xestión para o desfrute dos días de axuste de horario segundo o anexo IA.

As partes acordan que a pesar de estar situado o centro de traballo no concello do Porriño, se adscriben voluntariamente ás festas locais do concello de Vigo. Débese ter en conta que coa dita adscrición se un festivo coincide co período de vacacións, este está incorporado nos días de axuste horario.

Artigo 10º.-Xornada laboral e quendas.

A xornada laboral de traballo será de 40 horas semanais de acordo co seguinte cadro horario:

Primeira quenda: de 6 a 14 horas.

Segunda quenda: de 14 a 22 horas.

Terceira quenda: de 22 a 6 horas.

As quendas serán rotativas e de luns a venres.

Para o persoal fixo no 1 de xaneiro de 1992, o traballo en quenda de noite terá carácter voluntario.

Dentro das 40 horas semanais, están computados 15 minutos por parada de bocadillo diariamente por quenda.

O horario de oficina será a quenda partida de 8 a 14 horas e de 15.30 a 17.30 horas, excepto do 15 de xuño ó 15 de setembro onde os venres o horario será de 7 a 15 horas.

Artigo 11º.-Vacacións.

As vacacións serán de 31 días naturais, sendo o desfrute delas da seguinte maneira:

Para o ano 1999:

-Do 2 ó 30 de agosto (total 28 días).

-O 24, 30 e 31 de decembro (total 3 días).

Para o ano 2000:

Os días de peche por vacacións previstos serán paralelos ó do cliente.

Artigo 12º.-Licencias e permisos retribuídos.

1. O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, agás que nos epígrafes correspondentes se diga o contrario, polo tempo seguinte:

a) 18 días naturais en caso de matrimonio ou nas parellas de feito acreditativo segundo a lexislación aplicable.

b) 1 día en caso de traslado de domicilio.

c) 4 días en caso de falecemento de cónxuxe, fillos ou pais.

d) 2 días en caso de falecemento, enfermidade grave, intervención cirúrxica de parentes, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade. En caso de necesitar desprazamento, a licencia será de 4 días.

e) 1 día en caso de falecemento doutro familiar político ou consanguíneo.

f) 3 días laborables en caso de nacemento de fillo.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

h) En caso de morte dun compañeiro de traballo durante o tempo necesario para asistir ó enterro, ós compañeiros que o desexen, sempre que o seu número non exceda ó dos membros do comité de empresa.

2. Os traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións ou nunha reducción da súa xornada laboral en media hora, coa mesma finalidade.

3. Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre polo menos un tercio e un máximo da metade da duración daquilo.

4. Cando por razón de enfermidade, o traballador necesite asistir a un consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederalle (cun máximo de 12 horas anuais) o permiso necesario sen perda da retribución, debendo xustificarse o dito permiso co correspondente volante visado polo facultativo. Nos casos excepcionais nos que se exceda este límite de 12 horas, requirirase dun informe efectuado polo médico de empresa que

dictamine a procedencia ou improcedencia deste exceso.

5. Permisos retribuídos para exames: o traballador terá dereito ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, ou unha preferencia a elixir quendas de traballo, cando curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional con aproveitamento ordinario.

Artigo 13º.-Organización do traballo.

1. A organización do traballo, de acordo co prescrito na lexislación vixente e no presente convenio, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa. O comité de empresa terá a función de orientación e elaboración de propostas e informes no relacionado coa dita organización do traballo.

2. De conformidade coa lexislación vixente, o comité de empresa terá que ser informado pola empresa dos traslados de posto, cambios de quenda ou sección e en todo o derivado da mobilidade funcional dos traballadores dentro da estructura organizativa da empresa.

3. Os traslados ou cambios de posto non diminuirán as condicións salariais dos traballadores afectados, agás os incentivos ou complementos inherentes ó posto (prima de producción ou outros) que serán os estipulados para o dito novo posto.

4. Ante a implantación dun sistema de primas de producción, método de traballo ou nova actividade, a empresa informará previamente ó comité de empresa e estudiará os informes que el mesmo puidese emitir, co obxecto de recoller e negocia-las súas achegas á nova implantación.

5. Cando a empresa introduza novas tecnoloxías que supoñan para os traballadores modificacións substanciais nas condicións de traballo, a empresa comunicaralle estas ó comité de empresa, o cal emitirá un informe dando a súa opinión. A empresa dará a formación que coide necesaria en cada caso para a formación e adaptación técnica dos traballadores afectados polas ditas tecnoloxías.

Artigo 14º.-Condicións dos contratos.

En razón das condicións dos contratos de permanencia ó servicio da empresa, os traballadores clasifícanse en fixos, contratados por tempo determinado, eventuais, interinos, contratados a tempo parcial, en formación ou en prácticas. Así mesmo, poderase celebrar calquera tipo de contrato de traballo cunha modalidade que estea recollida na lexislación laboral vixente en cada momento.

Os traballadores baixo contratos eventuais terán os mesmos dereitos cós demais traballadores do cadro, agás as limitacións derivadas da natureza do seu contrato e do presente convenio.

A empresa comprométese a dar preferencia en igualdade de condicións, ós fillos dos traballadores de alta no cadro de persoal, á hora de novas incor

poracións. Constituirase un comité de selección para o estudio das posibles solicitudes que se presenten, e que estará formado por dous membros do comité de empresa e dous membros por parte da empresa. A empresa fixará os criterios de valoración obxectivos. Exceptuaranse deste sistema aqueles postos con facultades organizativas e de responsabilidade sobre o persoal, onde será a dirección da empresa quen tomará a decisión.

1. Duración dos contratos eventuais.

A duración máxima dos contratos de duración determinada por circunstancias de mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos será a que permita en cada momento o convenio sectorial correspondente á empresa, que é o convenio colectivo xeral para a industria téxtil, en relación co disposto pola normativa xeral na materia.

Para iso, as partes negociadoras deste convenio de empresa remítense de forma expresa e directa ás disposicións que en materia de duración de contratación eventual recolle actualmente a normativa convencional ou legal de ámbito superior, así como á que resulte de futuras modificacións nos termos que nela se fixen.

Os contratos desta natureza que estean en vigor na data de publicación deste convenio colectivo poderán prorrogarse ata o límite máximo referido, nas mesmas condicións cós que se subscriban trala entrada en vigor deste.

2. Traballo temporal.

Queda limitado ós supostos seguintes: obra ou servicio, circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou excesos de pedido, candidatos en selección e substitución de baixas.

Artigo 15º.-Ascensos.

Os ascensos para o persoal da empresa rexeranse polos seguintes criterios:

a) Automaticamente, polo mero feito de cumprir 18 anos os aspirantes administrativos serán ascendidos a auxiliares, os pinches a peóns e os peóns de primeiro ano a peóns, cando cumpran un ano de antigüidade na empresa.

b) Os ascensos non automáticos faranse polo sistema de concurso-oposición. Cando exista unha vacante, a dirección da empresa dará a coñecer ó comité de empresa, que, para coñecemento de todo o persoal, a publicará nos taboleiros de anuncios.

Esta notificación deberá realizarse cunha antelación dun mes á data da celebración das probas e deberá conter detallada exposición das vacantes ou postos que se van cubrir e as datas nas que se deberán efectua-las probas.

Unha vez notificada pola empresa a existencia dunha vacante, constituirase no prazo máximo de tres días o tribunal cualificador, que definirá as pro

bas ás que deben someterse os aspirantes, así como a puntuación mínima esixida para alcanza-la condición de aprobado. Isto realizarao no prazo mínimo de 10 días, co fin de que sexa exposto no taboleiro de anuncios cunha antelación de 15 días, como mínimo, á celebración das probas.

A composición do tribunal será:

Presidente: designado pola dirección da empresa.

Un técnico nomeado pola empresa, pertencente ó departamento no que se vaia cubri-la vacante.

Dous membros do comité de empresa, ou nomeados entre o cadro de persoal por este. Destes, como mínimo, un deles deberá ter igual ou superior grupo profesional cá vacante que se vai cubrir.

Un secretario: cargo que ordinariamente será un administrativo, designado pola dirección da empresa, que levantará acta das reunións.

En igualdade de condicións atribuirase o ascenso segundo a seguinte orde de prioridades:

1. Ó máis antigo na categoría inferior.

2. Ó máis antigo na empresa.

En caso de discrepancia co comité, en materia de ascenso, a empresa ten a última facultade de decisión.

Artigo 16º.-Creación de emprego fixo.

A empresa comprométese a que as vacantes producidas por xubilación ou falecemento do titular serán cubertas con emprego fixo, sempre que as necesidades dos procesos productivos previstos en cada momento así o puidesen requirir.

Artigo 17º.-Capacidade diminuída.

Nos casos nos que se produza diminución de capacidade de tal forma que o traballador non poida realizar, sen risco para a súa saúde, a súa tarefa habitual, e sen prexuízo do que estableza a normativa reguladora das incapacidades laborais e dos distintos tipos de invalidez, a empresa, unha vez comprobada tal circunstancia, procurará adecualo a un posto axustado ás súas condicións físicas e psicolóxicas, se houber unha vacante e de acordo coa retribución do novo posto de traballo.

Artigo 18º.-Formación.

Potenciarase a política de formación para posibilitar:

-Un mellor desenvolvemento do posto.

-A adecuación dos recursos humanos ós cambios organizativos e tecnolóxicos.

-O desenvolvemento dun mando e unha toma de decisións máis participativa.

-A creación de novas expectativas de ascenso.

-A adaptación dos novos empregados á empresa.

1. Continuarase coa potenciación dos cursos de formación externos e comezaranse cursos internos para formación de responsables de área ou quenda, ampliándoos sucesivamente. A empresa consultará previamente co comité de empresa a posta en marcha dos plans de formación.

Así mesmo, fomentarase a formación do persoal apropiado no concernente ó coñecemento das novas tecnoloxías que se poidan aplicar na empresa. Evitarase, sempre que os prazos de execución ou o nivel de coñecementos requirido o permitan, o desprazamento profesional do persoal actual en beneficio de nova contratación.

2. A asistencia ós cursos de formación é de carácter voluntario. Tanto os mandos como o comité de empresa colaborarán na difusión das accións formativas que se promovan, fomentando a asistencia ós cursos.

Non obstante, será obrigatoria a asistencia naqueles casos de convocatoria como antecedente obrigado para certas promocións, cando a necesidade de formación sexa requirida para o adecuado e seguro desenvolvemento do contido do posto de traballo.

3. Estudiaranse por parte da empresa as peticións de permisos extraordinarios solicitados polos traballadores que teñan como fin a formación propia ou a reciclaxe.

Artigo 19º.-Excedencias.

En materia de excedencias, os empregados de Componentes de Vehículos de Galicia, S.A., poderán optar entre o sistema regulado no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e o que a seguir se expón, considerados ámbolos dous no seu conxunto:

A empresa concederá a todo o persoal que teña polo menos dous anos de antigüidade como fixo na empresa ou desde a última excedencia desfrutada, o paso a excedencia voluntaria por período non inferior a seis meses nin superior a tres anos.

A excedencia deberá solicitarse por escrito con vinte días de antelación e poderá ser atrasada cando a ausencia do empregado cause notorio prexuízo á empresa.

Se o traballador non solicita o reingreso trinta días antes do remate do prazo concedido de excedencia, ou do máximo fixado neste artigo, perderá o dereito ó seu posto de traballo.

No caso de que non exista vacante da categoría do traballador, a empresa porao no seu coñecemento.

O traballador que solicite o seu ingreso dentro do prazo fixado, terá dereito a ocupa-la primeira vacante que se produza na súa categoría. Se a vacante

existente fose de categoría inferior á súa, poderá optar entre ocupala co salario a ela asignado ou esperar a que se produza unha vacante da súa categoría. Se producida ou existindo a vacante na súa categoría e requirido para que se incorpore, non o efectuase no prazo de 15 días, perderá todo o dereito ó reingreso.

O tempo de excedencia non será computable a ningún efecto e unha vez incorporado na súa categoría será escalafonado co número que lle corresponda, segundo o seu tempo de servicio activo.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

A dotación do vestiario segundo as diferentes categorías será a seguinte:

-Persoal de fabricación: efectuaranse dúas entregas anuais do seguinte xeito:

Primeira entrega: antes do 1 de abril, vestiario de verán composto por pantalóns, 2 camisetas, chaqueta curta e calzado de verán.

Segunda entrega: antes do 1 de outubro, vestiario de inverno, composto por pantalón, camisa, chaqueta curta e zapatos.

-Capataces e encargados: efectuaránselle as mesmas entregas ca ó persoal de fabricación.

-Persoal de mantemento: efectuaránselle as mesmas entregas, pero facilitaráselle calzado de seguridade, botas en inverno e zapatos en verán.

-Persoal de laboratorio e departamentos técnicos: dúas batas ó ano coincidindo coas datas anteriormente sinaladas.

-Persoal que realice traballo exteriores (carreteiros): facilitaráselle roupa de abrigo e roupa adecuada para a chuvia (pantalón, chaqueta e calzado).

A empresa facilitaralle máis roupa de traballo a todo traballador que, polo desenvolvemento da súa actividade normal, a necesitase.

Artigo 21º.-Seguridade e saúde.

O comité de seguridade e saúde está formado por dous representantes da empresa e dous dos traballadores.

Os representantes dos traballadores poderán dispoñer dun total de 10 horas mensuais que distribuirán entre eles, sen incluí-las dedicadas a formación.

Título III

Aspectos sociais

Artigo 22º.-Seguro de vida.

A empresa no momento de asina-lo convenio comprométese a cambia-las coberturas da póliza de seguros vixente a favor dos traballadores da empresa,

para cubri-las seguintes indemnizacións polas seguintes causas:

-Morte: 1.431.169.

-Invalidez permanente absoluta: 1.431.169.

-Morte por accidente: 4.293.508.

-Morte por accidente de tráfico: 5.724.678.

Artigo 23º.-Fondo social.

A dotación do fondo social é de 500.000 ptas. anuais para os anos 1999 e 2000.

O fin do fondo é atende-las axudas de carácter social que sexan solicitadas polo persoal ó que lle afecte o convenio.

Artigo 24º.-Comedor.

Nos casos en que a xornada laboral se alongue, de forma esporádica, máis de dúas horas, a empresa aboará os gastos de comidas orixinados por necesidades desta na contía fixa de 1.200 ptas. que serán pagadas por caixa.

A empresa facilitaralles cheques restaurante ou vales de comida para aboamento das comidas ó persoal en réxime de xornada partida cun límite de 1.000 pesetas.

Artigo 25º.-Anticipos.

O persoal terá dereito ós anticipos estipulados legalmente. O traballador que o solicite terá dereito a un anticipo equivalente ó importe total das gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, sempre que o motivo sexa xusto a xuízo da dirección, e logo de informe da comisión paritaria.

Artigo 26º.-Desprazamentos.

O persoal, que a pedimento da empresa teña que desenvolve-lo seu traballo fóra dela e nun raio superior a 10 km, verá incrementada a súa retribución diaria e as súas horas extras nun 30% mentres dure o desprazamento.

Quedan excluídas deste artigo as categorías iguais ou superiores a xefe de sección, os desprazamentos por motivos de formación en tódolos casos e as persoas que como os vendedores e viaxantes, etc., necesitan dos desprazamentos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

Para os desprazamentos fóra do territorio do Estado español serán obxecto de negociación específica co comité de empresa para o persoal con categoría inferior a xefe de sección.

Artigo 27º.-Quilometraxe.

O importe do quilómetro por desprazamento con vehículo propio por necesidades da empresa fíxase en 30 ptas./km brutas, incluíndo os desprazamentos

e a mutua de accidentes tanto por revisión periódica como por asistencia médica de accidente.

Artigo 28º.-Axuda por fillos diminuídos.

Por petición do comité de empresa e para todo o que o solicite, durante a vixencia do presente convenio, a empresa aboará a cantidade de 25.000 ptas. brutas mensuais por cada fillo diminuído físico ou psíquico recoñecido pola Seguridade Social e que estea a cargo do traballador.

Esta axuda será concedida a un máximo do 5% de traballadores do total do cadro de persoal.

Título IV

Aspectos sindicais

Artigo 29º.-Asembleas.

No que a esta materia se refire observarase o que establece o Estatuto dos traballadores sobre o dereito de reunión e a comunicación á empresa e demais requisitos efectuaranse polo menos con 72 horas de antelación.

A empresa, por petición do comité de empresa, autorizará asemblea para tratar asuntos importantes e urxentes.

Artigo 30º.-Acumulación de horas sindicais.

As horas establecidas para os membros do comité de empresa, poderán ser acumuladas trimestralmente para un ou varios membros do dito comité, sempre e cando se lle indique á dirección da empresa a súa distribución.

Artigo 31º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa terá dereito a ter coñecemento e control de tódolos contratos de traballo do persoal afecto a este convenio, sempre e cando sexan solicitados por este.

Artigo 32º.-Taboleiros de anuncios.

Cada central sindical representada dentro do comité de empresa terá dereito a un taboleiro de anuncios para o seu uso exclusivo, colocado en lugar accesible para todo o persoal.

Título V

Conceptos económicos

Artigo 33º.-Retribucións.

As retribucións do persoal para 1999 serán as que figuran na táboa salarial anexa.

Para o ano 2000 o incremento que se aplicará a esta táboa será nunha porcentaxe igual ó IPC, o 31 de decembro de 1999, previsto para ese ano polo Goberno máis un 0,75%.

Artigo 34º.-Complemento de antigüidade.

A. Duración do período de cobramento establecido nun máximo de 12 anos.

B. Distribución do período de cobramento en tres cuadrienios.

C. O importe de cada un dos tres cuadrienios será do 7% da media resultante de suma-los salarios base recollidos na táboa salarial anexa, ou o seu equivalente para anos sucesivos.

Artigo 35º.-Complemento de asistencia e complemento de puntualidade.

O importe destes dous complementos percibirase na contía fixa mensual que figura na táboa salarial anexa. Estes dous complementos cobraranse por día efectivo de traballo.

Os atrasos que se produzan á hora de entrada ou faltas parciais ó traballo nun día determinado, implicarán a perda da parte proporcional do complemento de asistencia (sempre que o atraso sexa superior a unha hora) e do cento por cento do complemento de puntualidade dese día.

Nas faltas ó traballo durante todo o día, non se pagará o importe de ámbolos complementos do dito día, exceptuando as licencias e permisos recollidos no artigo 12º do presente convenio (agás nas que se indique o contrario), así como as saídas a consultorio médico por razóns de enfermidade do traballador.

Artigo 36º.-Complemento de nocturnidade.

Este complemento será do 28% sobre o salario base e a antigüidade, pagándose o dito complemento na xornada abranguida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte.

Artigo 37º.-Baixas por accidente de traballo.

Nas baixas por accidente garánteselle ó traballador afectado o cento por cento da súa retribución mensual. Para o cálculo desta, tomarase como base a correspondente á base de cotización do mes anterior.

Artigo 38º.-Paga de productividade.

A empresa pagaralle anualmente 35.000 ptas. a cada traballador, que será efectuado no mes de setembro, en proporción ó tempo traballado.

Artigo 39º.-Complemento de transporte.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá un complemento de transporte con independencia da distancia que pode existir entre o centro de traballo e o domicilio do traballador. A contía deste complemento é de 300 ptas. por día efectivo de traballo. Este complemento será efectivo no ano 2000.

Artigo 40º.-Baixas por enfermidade e maternidade.

Rexeranse polo establecido no Estatuto dos traballadores e leis concordantes.

Nas baixas por enfermidade, sempre e cando o afectado necesite hospitalización, a retribución do traballador será do 100% da base de cotización do mes anterior, só durante o período de hospitalización,

sen que este período supere os dous meses (queda excluída a hospitalización por maternidade, xa que conta con cobertura do INSS).

Artigo 41º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, serán aboadas para todo o persoal, na contía dunha mensualidade do salario base, complemento de asistencia e puntualidade da táboa salarial anexa, así como a antigüidade correspondente.

As datas de pagamento das gratificacións de xullo e Nadal serán efectivas os días 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente, sendo a de beneficios o 25 de xaneiro do ano seguinte. En caso de que algún dos días fixados coincidise cun día inhábil, pagaríanse no primeiro día hábil seguinte.

Artigo 42º.-Incentivo ZAP.

Co fin de motivar e compensa-la implantación deste sistema de traballo, a partir do ano 2000, establécense os seguintes acordos:

-Incentivo de 200 ptas. por día efectivo de traballo en ZAP/GAP, para cada un dos traballadores implicados no sistema de ZAP/GAP. Aínda cando a implantación da ZAP/GAP de acordo coa metodoloxía ESP é un proceso lento, a empresa acepta a aplicación do dito incentivo a partir do 1-1-2000 independentemente de que estean ou non constituídas en tódolos centros de traballo as ditas ZAP ou GAP.

-Unha persoa traballa en ZAP/GAP cando tódolos criterios seguintes son respectados:

* O equipo ten un piloto e comprende de dúas a sete persoas (incluído o piloto).

* O sistema de ideas de mellora é seguido conforme as recomendacións estándar.

* O supervisor guía un máximo de 25 persoas.

* As reunións fin de quenda son diarias (Top 5)

* A producción do ZAP/GAP é subministrada directamente ó seu cliente (sen control de calidade final sistemático).

* O proceso de formación é conforme as recomendacións estándares (polivalencia e policompetencia).

* O taboleiro de marcha é seguido polo ZAP/GAP.

-Recualificación profesional para tódolos traballadores do proceso ZAP/GAP, de acordo coas súas competencias.

-Establecemento de plans de formación de acordo que permitan que ó final do ano 2000, como data tope, a todo o persoal actualmente con contrato indefinido e que traballe en ZAP/GAP te-la categoría de especialista.

-Para o persoal de nova incorporación con contrato indefinido, estableceranse plans de formación que permitan o anterior ós dous anos de incorporación ás ZAP (quedan exceptuados do anterior o persoal de contrato eventual ou ETT contratado para cubrir baixas).

-Redefinición da prima de producción vinculando esta ó traballo en ZAP, de forma colectiva dentro da ZAP/GAP.

Artigo 43º.-Achega dos traballadores.

Dilixencia, colaboración e cooperación nos traballos encomendados, e flexibilidade na asignación de tarefas, cometidos e ocupacións nas ZAP/GAP.

Mantemento e mellora continua da calidade da producción.

Contribución ó uso racional da enerxía.

Presentación de suxestións sobre melloras nas condicións de seguridade e saúde, como vía previa a calquera reclamación fóra do ámbito da empresa.

Fomento do clima social, estimulando as relacións humanas e as comunicacións na empresa.

Artigo 44º.-Horas extraordinarias.

A empresa e o comité acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais: suspensión.

2. Horas extraordinarias motivadas por forza maior.

Enténdese como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

3. Horas extraordinarias estructurais.

Co fin de clarificar este concepto, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas, substitución de horas sindicais e outras circunstancias de carácter estructural como avarías ou mantemento urxente, defectos de producción, todo iso sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa entregaralle ó comité de empresa copia do rexistro mensual de tódalas horas extraordinarias, indicando o nome do traballador, sección onde se realizaron, causas e número delas. Así mesmo e en función desta información e cos criterios sinalados anteriormente, a empresa e o comité determinarán o carácter e natureza das horas.

Por razóns de tipo operativo acórdase que a comunicación a cada traballador, das horas extraordinarias realizadas por el, sexa mensual.

As horas extraordinarias realizadas por causas de forza maior e as estructurais non terán a recarga nas cotizacións á Seguridade Social a que se refiren os reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto e 1/1985, do 5 de xaneiro.

Artigo 45º.-Prima de presencia.

Este complemento deixará de ter vixencia a partir do 1 de xaneiro de 2000.

Con obxecto de premia-la presencia continuada no traballo, establécese a prima de presencia para tódolos traballadores da empresa, que se fará efectiva a partir do 1 de maio de 1998, con suxeición ós seguintes criterios:

1. A prima devengarase por meses naturais completos en situación de alta no cadro de persoal, non sendo pagadoira no mes de vacacións.

2. O traballador que non tivese ausencia do traballo durante o mes, percibirá unha prima de 4.000 pesetas, que será aboada na nómina correspondente ó mes seguinte.

Non terán a consideración de ausencias para os efectos desta prima:

As vacacións oficiais.

Os permisos regulamentarios retribuídos, coa excepción do referente ás alíneas b e g do artigo 12º deste convenio.

Os accidentes de traballo.

Os descansos derivados de recuperación voluntaria.

Artigo 46º.-Categorías profesionais.

Segundo a táboa anexa.

Título VI

Ambiente

Artigo 47º.-Actuación en defensa e protección do ambiente.

As partes asinantes deste convenio consideran necesario que a empresa e empresas subministradoras e colaboradoras actúen de forma responsable e respectuosa co ambiente, prestando grande atención á súa defensa e protección de acordo cos intereses e preocupacións da sociedade.

Para estes efectos, a empresa debe adoptar unha actitude permanente e responsable en materia de ambiente e ó mesmo tempo, conseguir que o esforzo que está a desenvolve-la empresa neste campo, e o que se realice no futuro, así como os seus resultados sexan coñecidos e adecuadamente valorados pola sociedade e as administracións competentes. Considérase fundamental para estes fins a realización

de actividades tendentes e consegui-los seguintes obxectivos:

-Promover e conseguir unha actuación responsable en materia de ambiente concretando as medidas que se deben adoptar.

-Establecer uns obxectivos cualitativos e cuantitativos de mellora co fin de facer visible, respecto a eles, o progreso que se consiga.

-Demostrarlle á sociedade o comportamento responsable da empresa, individual e colectivamente, mediante o emprego de técnicas de boa xestión ambiental e a comunicación dos resultados obtidos.

-Mellora-la credibilidade da industria e aumenta-la confianza da sociedade e das administracións públicas, mediante demostracións e feitos concretos.

-Todo isto debe ser obxecto de permanente e compartida preocupación tanto da dirección da empresa coma dos representantes dos traballadores.

Título VII

Réxime disciplinario

Artigo 48º.-Réxime de faltas e sancións.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa, de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen nos seguintes artigos. Correspóndelle á empresa a facultade de impoñer sancións nos termos do estipulado no presente convenio. A sanción de faltas leves e graves requirirá comunicación escrita motivada ó traballador, e a das faltas moi graves ademais será oído o traballador afectado.

En calquera caso, a empresa dará conta ós representantes dos traballadores, ó mesmo tempo que ó propio afectado, de toda sanción que se impoña.

Artigo 49º.-Graduación de faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia, transcendencia e intención, en leve, grave ou moi grave.

Artigo 50º.-Leves.

Son faltas leves:

1. Faltar un día ó traballo.

2. Ata tres días de puntualidade nun mes.

3. Abandona-lo posto de traballo ou o servicio durante breve tempo, durante a xornada de traballo.

4. Os pequenos descoidos na realización do traballo e na conservación das máquinas, ferramentas e materiais.

5. A inobservancia dos regulamentos e ordes de servicio, así como a desobediencia ós mandos; todo isto en materia leve.

6. A falta de respecto, en materia leve, ós subordinados, compañeiros, mandos e público, así como a discusión entre eles.

7. A falta de limpeza e hixiene persoal, así como as dependencias, servicio e útiles da empresa.

8. Non comunicarlle á empresa os cambios de domicilio ou dos datos necesarios para a Seguridade Social (e medicina de empresa).

Artigo 51º.-Graves.

Son faltas graves:

1. A dobre comisión de falta leve, dentro do período dun mes, excepto as de puntualidade.

2. A falta de dous días ó traballo durante o período dun mes.

3. O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos, cuestións e feitos que poidan afectarlle á Seguridade Social (e medicina de empresa).

4. O incumprimento das normas legais xerais, as deste convenio ou do regulamento de empresa, en materia de seguridade no traballo. Será falta moi grave cando teña consecuencia nas persoas, máquinas, materiais, instalacións ou edificios.

5. A desobediencia ós mandos en cuestións de traballo.

6. A voluntaria diminución da actividade habitual ou os defectos na calidade fixada, por neglixencia do traballador.

7. O emprego de tempo, materiais, máquinas e utensilios de traballo en cuestións alleas a el.

8. As inxurias proferidas contra persoas ou institucións de todas índoles.

9. A suplantación activa ou pasiva da personalidade.

10. A embriaguez non habitual durante o traballo.

Artigo 52º.-Moi graves.

Son faltas moi graves:

1. A reiteración de falta grave dentro do período dun mes, sempre que aquela fose sancionada.

2. A falta de seis días ó traballo, durante un período de catro meses.

3. Máis de doce faltas de puntualidade nun período de seis meses, ou de vintecinco nun período dun ano.

4. A falsidade, a deslealdade, a fraude, o abuso de confianza, a competencia ilícita para coa empresa e o furto ou roubo, tanto ós compañeiros de traballo como á empresa ou a terceiros dentro das dependencias desta ou durante o desempeño de traballos ou servicios por conta da empresa.

5. Facer desaparecer, inutilizar, causar desperfectos ou modificacións maliciosas en primeiras materias, productos, utensilios, ferramentas, máqui

nas, aparellos, instalacións, edificios, enxoval e documentos da empresa.

6. A indisciplina ou desobediencia ó regulamento de réxime interior da empresa ou ás ordes dos mandos, así como tamén a inducción a ela cando revista especial gravidade.

7. A participación directa ou indirecta na comisión de delicto cualificado como tal no Código penal.

8. A falsidade nas circunstancias de accidentes de traballo, a simulación de enfermidade ou accidente e a prolongación maliciosa ou finxida na súa curación.

9. A embriaguez habitual durante o traballo.

10. O abandono do traballo en posto de responsabilidade.

11. O abuso de autoridade.

12. A diminución voluntaria e continuada do rendemento.

13. A comisión de actos inmorais nos locais e dependencias da empresa, dentro e fóra da xornada de traballo.

14. Tódalas consignadas no artigo 54.2º do Estatuto dos traballadores, consideradas como causas xustas de despedimento.

Artigo 53º.-Sancións máximas.

As sancións máximas que se poden impoñer son as seguintes:

Por falta leve: amoestación por escrito; suspensión de emprego e soldo ata dous días.

Por falta grave: suspensión de emprego e soldo de tres a quince días; inhabilitación para o ascenso durante o período dun ano.

Por falta moi grave: suspensión de emprego e soldo de dezaseis a sesenta días, inhabilitación para o ascenso por un período de ata cinco anos e despedimento nos supostos en que a falta fose cualificada dun grao máximo.

Artigo 54º

Sen prexuízo daqueloutros casos en que proceda o despedimento sen indemnización, de acordo coa lexislación vixente, a empresa poderá acordalo, sen que quede obrigada a impoñer outra sanción, nos casos que a seguir se detallan:

a) Faltar dez días ó traballo no período de seis meses.

b) Faltar á puntualidade oito veces nun mes; catorce en tres meses ou vinte en seis meses.

c) A indisciplina ou desobediencia cando ocasionen graves danos á empresa, ós compañeiros de tra

ballo, á normalidade da prestación deste e sempre que se produza en forma pública e con escándalo.

d) A diminución voluntaria do rendemento normal no traballo durante tres semanas seguidas ou seis alternas nun período de seis meses.

e) A embriaguez habitual publicamente advertida no centro de traballo.

f) Orixinar reiteradamente rifas ou pendencias cos compañeiros de traballo, abondando unha soa vez cando se produzan lesións, danos nas instalacións ou notoria interrupción do traballo.

g) A infidelidade á empresa por pasar a prestar servicios a outra competidora téndoo prohibido; revelar segredos ou datos de obrigada reserva; falsificar ou terxiversar datos ou documentos; ofender grave e publicamente a empresa ou os seus directivos.

h) A simulación de enfermidade ou accidente de traballo.

Artigo 55º.-Prescrición.

As faltas prescribirán polo transcurso do prazo que, en cada momento, estableza a lexislación aplicable.

Artigo 56º.-Caducidade.

Para os efectos de graduación de faltas non se terán en conta aquelas que se cometesen con anterioridade de acordo cos seguintes prazos:

Faltas leves: tres meses.

Faltas graves: seis meses.

Faltas moi graves: 1 ano.

Título VIII

Aspectos legais

Artigo 57º.-Lexislación aplicable.

No que non está expresamente disposto neste convenio, aplicarase o que determine o Estatuto dos traballadores e demais disposicións concordantes.

Artigo 58º.-Comisión negociadora.

Está constituída polo xerente da empresa, Horacio J. Reyes Crespo, pola responsable administrativa María del Carmen Rodríguez Ruíz, polo responsable de producción J. Mario Pérez Fernández, responsable de persoal Omar R. Rodríguez Vidal e polo comité de empresa, o representante legal dos traballadores.

ANEXO I

A) Os días de axuste horario que correspondan por exceso de xornada anual desfrutaranse seguidos na semana que corresponda, existindo unha com

pensación económica se se desfrutasen nas semanas seguintes:

SemanasPtas./día

42, 43, 44, 45, 46, 47 e 488.000 ptas.

15, 38, 39, 40 e 416.000 ptas.

18, 19, 20, 21 e 225.000 ptas.

23, 24, 25 e 264.000 ptas.

17, 27, 28, 29, 35, 36 e 373.000 ptas.

As semanas 30 e 34 (anterior e posterior ás vacacións) non terán compensación económica.

No caso de que o cadro de persoal non puidese ir de vacacións entre as semanas 30 e 34, adxudicaranse as vacacións entre as semanas previstas mediante sorteo entre todo o persoal e limitado ó mínimo persoal necesario para o funcionamento dos centros.

Táboa salarial 1999

Salario

base

Compl.

Asist.

Compl.

Punt.

TotalH.E.

hábil

H.E.

inhábil

Peón 1 ano100.4788.8227.387 116.6871.7002.123

Peón106.5069.3517.830123.6871.8022.251

Axudante111.8319.8198.222129.8721.8922.363

Especialista117.16010.2878.612136.0591.9822.476

Oficial 3ª Adtvo.

Oficial 3ª

122.48010.7559.005142.2402.0722.588

Oficial 2ª Adtvo.

Oficial 2ª

127.81011.2219.395148.4262.1632.701

Oficial 1ª Adtvo.

Oficial 1ª

Xefe de equipo

133.13311.6899.786154.6082.2532.813

Encargado de sección

Xefe 2ª Adtvo.

138.46112.15610.178160.7952.3432.926

Xefe sección

Xefe 1ª Adtvo.

143.78612.62410.569166.9792.4333.039

Táboa salarial para o cálculo

do complemento de antigüidade

Importes anuales ano 1999

Salario

base

Compl.

Asist.

Compl.

Punt.

Total

devengado

C. Antig. por

cuadrienios

Peón 1 ano1.507.170132.330110.8051.750.305128.525

Peón1.597.590140.265117.4501.855.305128.525

Axudante1.677.465147.285123.3301.948.080128.525

Especialista1.757.400154.305129.1802.040.885128.525

Oficial 3ª Adtvo.

Oficial 3ª

1.837.200161.325135.0752.133.600128.525

Oficial 2ª Adtvo.

Oficial 2ª

1.917.150168.315140.9252.226.390128.525

Oficial 1ª Adtvo.

Oficial 1ª

Xefe de equipo

1.996.995175.335146.7902.319.120128.525

Encargado sección

Xefe 2ª Adtvo.

2.076.915182.340152.6702.411.925128.525

Xefe sección

Xefe 1ª Adtvo.

2.156.790189.360158.5352.504.685128.525

Bases para o cálculo do complemento de antigüidade:

Suma de salarios base16.524.675

Media de salarios base1.836.075

Tipo que se vai aplicar7%

Complemento antigüidade128.525