Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.182

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de febreiro de 2000 pola que se publica a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de Intervención da Deputación Provincial de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 28 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria efectuada polo presidente da Depu

tación Provincial de Ourense, para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de interventor/a da devandita Corporación e que se engade como anexo á presente orde.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Posto: Interventor/a.

Corporación: Deputación Provincial de Ourense.

Bases

I. Obxecto.

Estas bases teñen por obxecto rexe-la convocatoria que efectuará a Presidencia, para cubrir, polo sistema previsto no artigo 99.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, segundo a redacción dada pola Lei 10/1993 (BOE do 22 de abril), o seguinte posto reservado a funcionarios da Administración local con habilitación de carácte nacional.

Denominación: Interventor.

Clase: primeira.

II. Características do posto.

1. A praza que se vai cubrir está incluída na relación de postos de traballo aprobada pola Corporación e publicada no BOP do 4 de novembro de 1999 e no Diario Oficial de Galicia do 3 de febreiro de 2000.

2. O complemento de destino asignado á praza é o correspondente ó nivel 30 e o seu sistema de provisión o de libre designación.

3. O complemento específico anual fixado para este posto é o de 4.258.090 ptas.

III. Requisitos.

Será requisito indispensable para concorrer á convocatoria e poder desempeña-lo posto, no caso de ser nomeado, estar integrado na subescala de Intervención-Tesourería, categoría superior.

IV. Convocatoria.

A convocatoria será remitida pola Presidencia ó órgano competente da Xunta de Galicia, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e remisión á Dirección Xeral da Función Pública do MAP, para a súa publicación no Boletin Oficial del Estado, conforme o artigo 28 do Real decreto 1732/1994.

V. Solicitudes.

1. As solicitudes dirixiránselle á Presidencia, dentro dos 15 días naturais seguintes ó da publicación da convocatoria no Boletin Oficial del Estado.

2. Ademais do contido mínimo previsto no artigo 70.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común, na solicitude deberá indicarse o número de rexistro persoal, a situación administrativa na que estea o solicitante e o seu destino.

3. Xunto coas solicitudes, os aspirantes achegarán o seu currículum vitae, no que constarán os títulos académicos, os anos de servicio, os postos de traballo desempeñados na Administración, os estudios e cursos realizados, outros méritos que considere oportuno poñer de manifesto e a súa acreditación documental.

4. Achegaranse, así mesmo, xustificantes documentais dos títulos ou diplomas que os aspirantes posúan, se é o caso, relativos ó coñecemento da lingua galega.

VI. Nomeamento.

1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Presidencia procederá, trala constatación previa da concorrencia dos requisitos esixidos nestas bases, a dicta-la resolución correspondente, na forma e cos requisitos previstos no artigo 28.3º do Real decreto 1732/1994.

2. Da resolución daráselle conta ó Pleno da Corporación e trasladaráselle ó órgano competente da Xunta de Galicia e á Dirección Xeral da Función Pública do MAP para os efectos oportunos.

VII. Toma de posesión.

Os prazos para a toma de posesión serán os mesmos que os establecidos para os funcionarios con habilitación nacional nomeados en virtude do procedemento de concurso.

VIII. Impugnación.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo común.