Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da unidade de actuación número 35 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana situada na rúa Doutor Loureiro Crespo, número 8.

O Pleno da Corporación, en sesión do día trinta de outubro de mil novecentos noventa e nove, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle formulado por Ventura Reyes Pérez, no seu propio nome e dereito e en representación de Reyes Hermanos, S.L. e en beneficio de María Luisa e Carlos Reyes Pérez e Bienvenido, Jacinto, Eutiquio e Fernando Reyes de la Fuente, coa finalidade de completa-las determinacións establecidas no Plan Xeral de Ordenación Urbana para a unidade de actuación número 35, situada na rúa Doutor Loureiro Crespo, redactado o devandito instrumento urbanístico polo arquitecto Fernando Lafuente Lestón, con visado da delegación en Pontevedra do COAG en datas 10-11-1998 e 13-1-1999, reformado e anulado esta última documentación á inicial correlativa do estudio de detalle.

No devandito acto administrativo declarouse que, de conformidade co informe da demarcación de estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento (Ref. 2146-99), a liña de edificación con respecto á EN-541, será a que consta no Plan Xeral de Ordenación Urbana desta termo municipal e o raio mínimo de xiro no bordo das beirarrúas será de cinco metros, recordándose ós promotores que no proxecto de urbanización qeu se formule, a relación entre beirarrúas e calzadas realizarase segundo a sección tranversal tipo prevista no plan xeral para rúas de 14 m e que nos proxectos de edificación se terá en conta a normativa xeral e a correspondente á súa situación dentro da zona residencial intensiva para efectos do seu estricto cumprimento, determinacións que en ningún caso poden considerarse modificadas polo estudio de detalle.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer directamente aqueles que se consideran lexitimados o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no plazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da diposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10-1-6) e 46-1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme dereito, significándole que o artigo 107-3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interpo

sición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente-alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral