Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión de data 17 de xaneiro de 2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para remodelación de Columes e reaxuste de aliñacións na Avda. Rosalía de Castro e rúa acceso Trabanca Sardiñeira, promovido por Mahía Santiago, S.L. e redactado polo arquitecto Jesús María Diéguez Pazos.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 20 de xaneiro de 2000.

Joaquín J. Gago López

Alcalde