Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.618

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 8 de febreiro de 2000 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Análise Económica-Financeira das Corporacións Locais Galegas. 1994.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

Análise Económica-Financeira das Corporacións Locais Galegas. 1994: 3.000 ptas.