Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.618

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de xaneiro de 2000 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 15, do pasado 24 de xaneiro, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 944, columna esquerda, punto 4.c), parágrafo terceiro, onde di: «... transcorridos o dito mes...», debe dicir: «... transcorridos do dito mes...».

Na páxina 945, columna dereita, epígrafe cuarto, punto 17., parágrafo terceiro, onde di: «... atención primaria as que fai ...», debe dicir: «... atención primaria a que fai ...».

Nas páxinas 947 e 948, anexo V, cabeceiras das táboas, onde di: «Cota mesual», debe dicir: «Cota mensual».

Na páxina 952, anexo X, na modalidade A, en máis de 2.500 Aseg. na columna correspondente ós A.T.S., di: «31.805 ptas./mes» e debe dicir: «53.008 ptas./mes».

Na páxina 953, no anexo XI, ó fondo da columna esquerda, onde di: «Módulos de atención continuada facultativos exentos de cargas de atención especializada», debe dicir: «Módulos de atención continuada facultativos exentos de gardas de atención especializada».