Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.619

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de febreiro de 2000, polo que se declara municipio turístico galego o concello de Viveiro.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 3 de febreiro de 2000 adoptou, por proposta

do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar municipio turístico galego o concello de Viveiro, pertencente á provincia de Lugo, de acordo co disposto no artigo 8 do Decreto 239/1998, do 30 de xullo, polo que se regula a declaración de municipio turístico galego.

En cumprimento do disposto no citado artigo ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo