Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.619

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 34/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo 2º título II o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.

O artigo 12 da mencionada lei sinala que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería da que dependa o órgano ou entidade ofertante.

Por outra banda, hai que ter en conta que polo Decreto 16/1991, foron asumidas pola Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde.

Así mesmo, o artigo 4 d) da Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, en relación á evolución xeral dos custos previstos, así como á inclusión de novos servicios sanitarios, establece que o Servicio Galego de Saúde axustará a súa actuación ás normas e instruccións emanadas da Consellería de Sanidade, á que lle corresponde aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión, logo do informe da Consellería de Economía e Facenda.

Faise necesario actualizar e amplia-lo Decreto 35/1999, do 11 de febreiro, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, para efectos de adecua-las tarifas ó custo económico derivado do servicio ou actividades prestadas.

Sendo, pois, necesario regula-la percepción dos prezos públicos por asistencia sanitaria prestada en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, o Consello da Xunta de Galicia por proposta do con

selleiro de Sanidade e Servicios Sociais e logo do informe da Consellería de Economía e Facenda, na súa reunión do día once de febreiro de dous mil,

DISPÓN:

Artigo 1º

1. Apróbanse as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde que figuran no anexo I e II do presente decreto.

2. As tarifas contidas no anexo I serán aplicables ós servicios sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos nos que sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ó pagamento que deba asumi-lo gasto sanitario.

3. O anexo II recolle as tarifas que se aplicarán como consecuencia da asistencia sanitaria que se preste en accidentes de tráfico, naqueles casos que sexa de aplicación o convenio marco de asistencia sanitaria para o ano 2000 con institucións sanitarias públicas.

Artigo 2º

A facturación realizarase coas tarifas vixentes o día da prestación do servicio ou, se é o caso, coas do día de alta do paciente.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas tódalas normas de igual ou inferior rango que se opoñan ó establecido no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do establecido no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de febreiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Prezos de servicios sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos nos que sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ó pagamento que deba asumi-lo gasto sanitario.

(En pesetas).

A. Estadías.

1. A tarifa por hospitalización en centros hospitalarios por día de estadía e cama ocupada será de52.431.

Entenderase por día de estadía e cama ocupada, para efectos de facturación, cando o paciente se atope ingresado no hospital para a atención do proceso patolóxico na hora censual (as cero horas).

2. Cando o paciente ingrese nun hospital e ocupe unha cama das salas de hospitalización pero non produza estadía segundo a interpretación do número 1, é dicir, sexa dado de alta antes da hora censual, facturaráselle esa prestación como media estadía por24.908.

3. A estadía en UVI, UCI, ou unidades asimiladas (unidades de atención especializada, servicio de reanimación, unidade de queimados, lesionados medulares ou calquera outra que teña establecida o centro hospitalario) facturarase por,13.244.

4. Por estadía en unidades de psiquiatría de agudos23.247.

5. Por estadía no hotel de pacientes11.183.

6. Na estadía están incluídas as prestacións de tódolos servicios e gastos que orixinen, excepto as próteses cirúrxicas, marcapasos e todas aquelas que sexan establecidas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais como custo independente da estadía, recollidas na alínea C deste decreto como servicios especiais.

7. No suposto de estadías con permiso de fin de semana aplicaranse as mesmas tarifas dos puntos anteriores.

B. Asistencia ambulatoria en centros sanitarios.

1. Por consultas ambulatorias29.000.

Esta tarifa inclúe a primeira consulta e as dúas sucesivas seguintes, para o mesmo proceso.

2. Por consultas sucesivas e sesións ambulatorias poshospitalarias7.000.

A partir da terceira consulta, para o mesmo proceso.

3. Por intervencións cirúrxicas ambulatorias:

3.1. Cirurxía maior ambulatoria:

Proceso asistencial no que se inclúe a realización dun procedemento dos recollidos neste punto, así como un máximo de tres consultas (primeira consulta e dúas sucesivas) e as probas diagnósticas necesarias para a realización do dito procedemento.

No suposto de que o paciente tivera que ingresa-la facturación por estadía sería independente da que corresponda por proceso.

EspecialidadeProcedementoTarifa

C. vascularCirurxía de varices en M.I.186.408

C. XeralBiopsia hepática infantil con anestesia xeral450.288

Cirurxía anal non complexa (hemorroides, fístulas e fisuras)142.440

Escisión e incisión do sinus pilonidal144.072

Extirp. de tum. benigna de mama (neo. benigna, mastop. Quist., fibroad., fibroesc.). Exclúense as biopsias170.280

Herniorrafia inguinal ou femoral154.632

Herniorrafia umbilical ou ventral186.168

EspecialidadeProcedementoTarifa

MaxilofacialCirurxía articulación témporo-mandibular285.384

Fracturas faciais simples de arco cigomático e malar166.224

Tratamento cirúrxico de tumor benigno maxilar323.208

OftalmoloxíaCirurxía corrección estrabismo153.936

Cirurxía sobre o polo anterior do ollo244.224

Tratamento cirúrxico de cataratas195.792

ORLAmigdalectomía e/ou adenoidectomía113.640

Endoscopia nasosinusal (inf., ectom. e polipose)193.824

Microcirurxía de larinxe156.456

Miringoplastia156.456

Septorrinoplastia165.024

TraumatoloxíaArtroscopia224.304

Cirurxía maior sobre músculos fascias e tendóns210.288

Tratamento cirúrxico de dedo en resorte198.216

Tratamento cirúrxico de Dupuytren198.216

Extracción de material de osteosíntese316.248

Tratamento cirúrxico de ganglión210.288

Tratamento cirúrxico de hernia disco258.024

Liberación do túnel carpiano154.632

Tratamento de Hallux valgus e doutras deformidades das dedas269.424

UroloxíaBiopsia testicular105.816

Cirurxía de hidrocele153.192

Quiste de epidídimo153.192

Escisión de lesión de uretra169.176

Cirurxía de fimose con anestesia xeral113.664

Orquiopexia144.048

XinecoloxíaCirurxía de xenitais externos femininos. Excluídas as biopsias182.376

Cirurxía do colo do útero. Excluídas as biopsias145.368

Dilatación e legrado uterino129.576

Laparoscopia xinecolóxica (ligadura)185.304

Quiste de ovario256.008

3.2. Cirurxía menor ambulatoria37.000.

Procedementos cirúrxicos realizados de forma ambulatoria que non estean recollidos no número 3.1.

Na tarifa están incluídas un máximo de tres consultas (primeira consulta e dúas sucesivas) e as probas diagnósticas necesarias.

4. A administración de fármacos antiinfecciosos en réxime de hospital de día, facturaranse a prezo de custo.

5. Por urxencia hospitalaria non ingresada35.840.

Comprenderán tódalas actuacións que sexa preciso efectuar no proceso asistencial en urxencias, estando incluídas tódalas exploracións e actos médicos e/ou cirúrxicos realizados en urxencias.

En caso de que o paciente tivese que ingresar esta tarifa sería independente da que corresponda por estadía.

6. Sesión laserterapia dermatolóxica18.000.

C. Tarifas por servicios especiais.

As tarifas especificadas a continuación como tarifas especiais facturaranse con independencia da que lle corresponda por consulta ou, se é o caso, estadía.

1. A solicitude de realización de probas diagnósticas que non xeren consultas ou estadías e non se atopen relacionadas entre estas tarifas especiais, facturaranse por18.267.

2. Procedementos en salas especiais.

Sala especialEspecialidadeProcedementoTarifa

EndoscopiaDixestivoAlcoholización hepática106.995

Biopsias32.000

Dilatacións tubo dixestivo58.000

Dilatacións biliares110.752

Polipectomías, esclerose terapéutica con argón60.000

Ecografía anal25.000

Manometría anal30.000

Extracción percutánea cálculos biliopancreáticos102.000

Cambio catéter derivación biliar68.024

Colonoscopia31.882

Colocación drenaxes nasobiliares ou biliares internos228.925

Colocación de próteses coledocopancreáticas300.000

Colocación de prótese tubo dixestivo150.000

Gastro, cistogastro, colecisto, íleo, colon ou xexunostomía percutáneas169.213

Laparoscopia diagnóstica90.662

Laparostomías103.505

Laserterapia endoscópica60.885

Ligadura de varices esofáxicas, electrocoagulación bipolar66.000

Manometría esofáxica e pHmetría50.000

Terapia ulcerosa endoscópica50.922

PneumoloxíaBroncoscopia25.572

Excisión ou destrucción de lesión bronquial59.000

Excisión ou destrucción de lesión pulmonar60.000

UroloxíaInstalacións endovesicais de citostáticos53.400

Cateterismo ureteral ou uretral135.000

Cistostomía ou nefrostomía percutáneas150.000

Dilatacións175.000

Prótese metálica ureteral, uretral ou prostática200.000

Tratamento percutáneo fístulas urinarias200.000

Extracción percutánea cálculos urinarios300.000

XinecoloxíaPolipectomía95.000

Resección de tabique62.000

Extracción de DIU que non pode extraerse de xeito habitual58.000

Histeroscopias diagnósticas50.000

Oclusión ou recanalización trompas de Falopio150.000

CardioloxíaIntervencionistaAnxioplastias225.000

Aterectomías100.000

Biopsia endomiocárdica145.015

Sala especialEspecialidadeProcedementoTarifa

Cateterismo (coroariografía)104.610

Marcapaso endocavitario218.076

Marcapaso epicárdico145.015

Marcapaso con implantación ambulatoria104.610

Peches CIA ou ductus500.000

Rotablator300.000

Simpson350.000

Stent350.000

Valvuloplastias percutáneas480.000

Non intervencionistaCardioversións34.000

Ecocardiograma doppler31.882

Estudio electrofisolóxico23.247

Proba de esforzo30.803

Holter17.491

Eco transesofáxico31.882

Eco estrés farmacolóxico37.434

Marcapasos100.000

PneumoloxíaEspirometría25.625

NeurofisioloxíaExploración electroencefalográfica12.842

Exploración electroencefalográfica con cuantificación (cartografía, reparto de frecuencias, comparación estatística con patróns normais, etc.).31.882

Exploración electroencefalográfica con cuantificación con electrodos implantados44.501

Exploración electroencefalográfica con privación do sono19.151

Exploración de potenciais evocados auditivos25.572

Exploración de potenciais evocados de tronco25.572

Exploración de potenciais evocados somestésicos25.572

Exploración de potenciais evocados visuais19.151

Exploración de Onda P-30025.572

Exploración de variación continxente negativa25.572

Estudio electroencefalográfico con sistema HOLTER63.653

Exploración electroencefalográfica ou subcorticográfica con ou sen electroencefalograma con electrodos implantados38.192

Electro-retinograma25.572

Electro-oculograma25.572

Audiometría (obxectiva)31.882

Nistagmograma25.572

Reoencefalograma7.639

Estudio neurofisiolóxico con estimulación magnética e/ou eléctrica transcranial31.882

Electromiograma cuantificado (electromiografía)25.572

Electromiograma fibra illada50.922

Estudio electromiográfico de esfínteres (electromiografía)31.882

Neurografía con estimulación repetitiva (electromiografía)12.842

Neurografía convencional (electromiografía)7.639

Neurografía S.N. vexetativo19.151

Estudio neurofisiolóxico de movementos anormais (electromiografía)19.151

Sala especialEspecialidadeProcedementoTarifa

Polinsomniografía do sono124.683

OtorrinolaringoloxíaProbas labirínticas, nistagmografía26.568

Mes completo de tratamento de logopedia ou foniatría en réxime de sesión diaria31.882

Sesión illada de tratamento de logopedia ou foniatría1.883

RadioloxíaNeurolóxicaAnxiografía dixital diagnóstica42.509

Anxiografía dixital terapéutica110.478

Arteriografía cerebral81.365

Embolizacións49.000

Estudio troncos supraórticos102.285

VascularAnxioflueresceingrafía39.768

Arteriografía periférica58.118

Arteriografía tóraco-abdominal58.118

Dilatacións80.000

Ecografía doppler-color de troncos supraórticos32.087

Estudio membros superiores e inferiores32.546

Estudio renal32.546

Fibrinolise, próteses intravasculares, shunt porto-vaca percutáneo350.000

Flebografía69.740

Aterectomías, filtros de cava305.412

Trombectomía percutánea275.000

Implantación endoprótese vascular347.680

Anxioplastias, embolizacións, accesos venosos centrais, extraccións corpos estraños intravasculares260.760

DixestivaColanxiografía retrógrada endoscópica (CRE)89.112

Colanxiopancreatografía retrógrada endoscópica (CPRE)94.187

Dilatacións (sesión)58.000

Dilatacións biliares110.752

Drenaxes biliares percutáneos347.680

Drenaxes percutáneos75.000

Esclerose percutánea quistes abdominais, extracción corpos estraños60.000

Esclerose de varices esofáxicas66.000

Esfinterotomía152.653

Gastro, cistogastro, colecisto, íleo, colon ou xexunostomía percutáneas169.213

Próteses coledocopancreáticas300.000

Próteses tubo dixestivo125.000

Shunt portosistémico transxugular1.021.310

Tratamento percutáneo de fístulas de tubo dixestivo60.000

Tratamento percutáneo de nódulos hepáticos215.000

TorácicaDrenaxe ou esclerose de coleccións torácicas200.000

Colocación prótese vías respiratorias300.000

UrolóxicaBiopsia renal56.512

Cistostomía ou nefrestomía percutáneas150.000

Dilatacións175.000

Extracción percutánea cálculos urinarios300.000

Prótese metálica ureteral, uretral ou prostática200.000

Tratamento percutáneo fístulas urinarias200.000

Urografías28.516

Sala especialEspecialidadeProcedementoTarifa

XinecolóxicaOclusión ou recanalización trompas de Falopio200.000

Outras probasEcografías17.131

Densitometrías17.131

Biopsia de mama dirixida por arpón20.280

Placa panorámica4.000

Telerradiografía4.000

Placa lateral de cranio4.000

Placa periapical ou oclusal2.500

Biometría19.361

Campimetría12.558

Topografía20.931

Tomografía computerizada (TC) con ou sen contraste37.406

Resonancia magnética (RM) simple sen contraste68.523

RM dobre sen contraste87.171

RM triple (medula, columna ou abdome) sen contraste107.121

RM, complemento de emprego de contraste19.626

RM, complemento de emprego de anestesia19.626

3. Anatomía patolóxica.

Por biopsias de anatomía patolóxica30.803.

Por biopsias de anatomía patolóxica con estudio macro e microscópico37.434.

Citoloxía vaxinal16.043.

Citoloxía de esputos16.043.

Estudio sistema nervioso41.861.

4. Hemodiálises.

Por cada sesión en centros hospitalarios tanto a pacientes hospitalizados como en réxime ambulatorio23.530.

O prezo da sesión de hemodiálise comprende a analítica rutineira e as transfusións que se realicen por indicación médica.

Aplicarase un suplemento por dialización mediante concentradores de bicarbonato por sesión de1.329.

Analíticas de pacientes en hemodiálise (control trimestral)18.315.

Analíticas de pacientes en hemodiálises (control rutineiro)1.740.

5. Tratamento mediante rehabilitación e fisioterapia.

Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación en réxime de sesión diaria31.882.

Por sesións illadas do tratamento1.883.

6. Quimioterapia e radioterapia.

ProcedementoNivelTarifa

Oncoloxía médicaI23.135

II36.806

ProcedementoNivelTarifa

III52.580

IV84.129

V115.677

VI136.709

Trat. Espec.157.741

Oncoloxía radioterápicaI78.638

II102.112

III149.060

IV175.999

V210.000

Medicina nuclearI (Hipertiroidismo)34.038

I (Carcinoma de tiroide)105.633

Y (Itrio 90)41.079

P (Fósforo 32)48.045

Sr (Metastrón)220.000

Niveis quimioterapia ambulatoria:

Nivel segundo a complexidadeDenominaciónAdministración ambulatoria

Nivel I5FU-STN5 fluoracilo e etreptozotocina

ADR intravesicalAdriamicina intravesical

ADR-BLEO-DTIC-VLB aAdriamicina, bleomicina, dacarbacina e vinblastina

ADR-CTX aAdriamicina e ciclofosfamida

BCG intravesicalBCG intravesical

BCNU aCarmustina

5FU-ADR-CTX a5 fluoracilo, adriamicina e ciclofosfamida

ADR-CTX-VCR-PRED aCiclofosfamida, adriamicina, vincristina e prednisona

ADR-CTX-VCR-PRED-BLEO aCiclofosfamida, adriamicina, vincristina, prednisona e bleomicina

BLEO aBleomicina

ARA-C d.b. aCitarabina a doses baixas

5FU-CTX-MTX d.b. a5 fluoracilo, ciclofosfamida e metotrexato a doses baixas

MTX-VLB aMetotrexato e vinblastina. Cisplatino

CTX-PROC-VCR-PRED aCiclofosamida, procarbacina, vincristina e prednisona

ADR-BLEO-VLB-PRED aCiclofosfamida, procarbacina, vincristina e prednisona

CTX-PROC-VCR aAdriamicina, bleomicina e vinblastina

CTX-VCR-PRED aCiclofosfamida, vincristina e prednisona

ADR-CTX-DTIC-VCR aAdriamicina, ciclofosfamida, dacarbacina e vincristina

DTIC aDacarbacina

ADR aAdriamicina

5FU-ADR-CTX a5 fluoracilo, adriamicina e ciclofosfamida

IFX-MESNA-VP 16 aIfoxfamida, mesna e VP16

MTX-VLB aVinblastina e metotrexato en doses baixas

PROC-CCNU-VCR aProcarbacina, lomustina e vincristina

ADR-VCR-DEX aAdriamicina, vincristina e dexametosona

ADR-BCNU-VCR-PRED aVincristina, carmustina, prednisona e adriamicina

Nivel segundo a complexidadeDenominaciónAdministración ambulatoria

CTX-L PAM-PRED aCiclofosfamida, prednisona e melfalán

CTX-L PAM-VCR-PRED aCiclosfosfamida, vincristina, prednisona e melfalán

VCR aVincristina

LEU-5FU a5 fluoracilo e leucovorín

5FU en bomba de infusión continua ambulatoria5 fluoracilo

Nivel IIIFN AlfaInterferon alfa-2B

CTX-IDA-VCR-PRED aCiclofosfamida, idarubicina, vincristina e prednisona

CTX-EPI-VCR-PRED aCiclofosfamida, epirubicina, vincristina e prednisona

CDA aCladribina

CTX-NOV-VCR-PRED aCiclofosfamida, mitoxantrone, vincristina e prednisona

GEM aGemcitabina

NVB aVinorelbina

CTS-EPI-5 FU aCiclofosfamida, epirubicina e 5 fluoracilo

FLU aFludarabina

GEM aGemcitabina

MITO-VINDESINA-CDDPMitomicina C, vindesina e cisplatino

MITO-MTX-NOV aMitomicina C, mitoxantrone e metotrexato

MTX-NOV aMitoxantrone e metotrexato

NVB aVinorelbina

NVB-EPI aVinorelbina e epirubicina

Pamidronato disódico aPamidronato disódico (ArediaB)

PP-VP 16 aCarboplatino e VP 16

TOM aRaltitrexed

TOP aTopotecan

Nivel IIIEPI-TAX d.b. aEpirrubicina e TaxolB en doses baixas

DCF aPentostatina

TAX d.b. aTaxolB en doses baixas ('/= 85 mg/m)

TXT d.b. aTaxotereB en doses baixas ('/= 45 mg/m)

Nivel IVTAX dm aTaxolB en doses medias

CPT 11 da aIrinotecan en doses altas

EPI-TAX dm aEpirubicina e TaxolB en doses medias

EPI-TXT da aEpirubicina e TaxotereB en doses altas

PP-TAX dm aCarboplatino e TaxolB en doses medias

Nivel VPP-TAX da aCarboplatino e TaxolB en doses altas ()/= 191 mg/m)

Niveis radioterapia:

Nivel de

complexidade

Tipo de tratamentoZona

Nivel IEstudio dosimétrico con cálculo limitado a un punto do feixe central // Verificación radiolóxica // Pode utilizar un campo directo ou dous campos directos a dúas localizacións diferentes ou ben dous campos opostos a 180 graos sobre a mesma localización, con cálculo de doses nun plano medio.-Leito larínxeo-Cadeas ganglionares-Pelve (2 campos)-Holocranial-Bazo-Radiocastración-Paliativo de metástase ósea dunha soa localización

Nivel de

complexidade

Tipo de tratamentoZona

Nivel IIDous ou máis campos por sesión ou ben paliacións con máis de dúas localizacións simultáneas ou máis de dous campos por sesión // Estudio dosimétrico con representación gráfica de distribución de dose, nun plano como mínimo, e definición de dose en volumes tumorais e críticos. Cálculo con curvas de isodose // Sempre con simulación // Sempre con verificación.-Mama (2 campos)-Glote-Base de lingua-Orofarinxe e cadeas-Pulmón-Vexiga-Próstata-Esófago-Seo maxilar-Parótida-Recto e leito rectal-Pelve xinecolóxica-Cerebro-Paliativo de metástase ósea de dúas localizacións simultáneas

Nivel IIIEstudio dosimétrico como no nivel 2 // Sempre con verificación // Con ou sen campos conformados // Sempre con simulación // Técnicas pendulares e/ou rotatorias ou máis de dous campos por sesión e dúas ou máis localizacións // Grandes campos (irradiación corporal local).

Nivel IVPlanificación tridimensional

Radiocirurxía estereotáxica

7. Procedementos especiais.

No prezo que se establece por cada un destes procedementos considéranse incluídas as probas diagnósticas e terapéuticas rutineiras ou especiais que sexa preciso realizar ó paciente con anterioridade ó procedemento ó que vaia ser sometido. Honorarios médicos, anestesia, dereitos de quirófano, enfermería, estadías no hospital, medicación, material sanitario, alimentación incluída a nutrición parenteral e enteral e estadías na unidade de coidados intensivos que puidera precisar.

Transplante autólogo de médula ósea3.354.048.

Transplante pulmonar11.836.909.

Transplante cardíaco4.551.139.

Transplante hepático5.713.471.

Transplante renal2.660.523.

Transplante de córnea534.774.

Artroscopias88.339.

Estudio de inmunohistoquímica (ptas./anticorpo)5.868.

Amniocentese92.987.

Litotricia renal extracorpórea394.346.

Cariotipo na médula ósea18.450.

8. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia, e neuropediatría50.922.

Por cada sesión deste tratamento2.547.

9. Órtese e prótese.

As órteses e próteses que sexa necesario implantar ou adaptar ó paciente, así como a súa renovación ou preparación, facturaranse ó prezo de custo

10. Hospitalización a domicilio.

Asistencia domiciliaria prestada a pacientes que necesiten técnicas terapéuticas de certa complexidade.

Por atención prestada a pacientes en réxime de hospitalización a domicilio50.000.

Esta tarifa inclúe ata sete días de hospitalización, a partir do sétimo día a tarifa por cada día de hospitalización a domicilio sería de 8.000 ptas.

11. Copias de historias clínicas.

Por copia de historias clínicas e dos estudios incluídos nelas2.407.

12. Probas de detección de alcoholemia.

Por cada proba de detección de alcoholemia12.835.

13. Probas de detección de drogas.

Detección benzodiazepinas en urina1.570.

Detección opiáceos en urina1.570.

Detección opiáceos en urina1.570.

Detección cocaína en urina1.570.

Detección cannabis en urina1.570.

Detección anfetaminas en urina1.570.

Detección metadona en urina1.570.

Detección alcol en urina1.570.

Detección barbitúricos en urina1.570.

D. Servicios prestados en centros de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

1. Tarifa básica.

Por primeira consulta6.864.

Por consultas sucesivas3.433.

Por asistencia en urxencias25.461.

2. Tarifa para consulta con probas complementarias.

Por primeira consulta8.525.

Por consultas sucesivas4.318.

3. Tarifas para consultas con coidados de enfermería.

Primeira consulta:

Con probas10.184.

Sen probas8.192.

Consultas sucesivas:

Con probas5.092.

Sen probas4.097.

4. Consultas de enfermería.

Consultas de enfermería1.440.

5. Consultas a domicilio.

5.a) Sen coidados de enfermería.

Primeira consulta:

Con probas10.184.

Sen probas8.192.

Consultas sucesivas:

Con probas5.092.

Sen probas4.097.

5.b) Con coidados de enfermería.

Primeira consulta:

Con probas12.289.

Sen probas9.853.

Consultas sucesivas:

Con probas6.199.

Sen probas4.872.

6. Intervencións cirúrxicas ambulatorias.

Intervencións cirúrxicas ambulatorias12.616.

7. Radioloxía básica.

Radioloxía básica3.574.

E. Servicios de centros psiquiátricos.

1. Por internamento completo en unidades de media e longa estadía10.407.

2. Por estadías causadas en réxime de hospital de día10.850.

3. Por servicios extrahospitalarios en ambulatorios:

3.a) Consulta médica21.033.

Esta tarifa inclúe a primeira consulta e as dúas sucesivas seguintes.

3.b) Revisións médicas7.000.

A partir da terceira consulta.

3.c) Visitas domiciliarias: aplicaranse as tarifas da alínea D. 5.

4 Consulta de psicoloxía:

4.a) Primeira consulta6.864.

4.b) Consultas sucesivas3.433.

F. Servicios prestados en centros de orientación familiar.

Consulta de xinecoloxía:

Consulta21.033.

Esta tarifa inclúe a primeira consulta e as dúas sucesivas seguintes.

Consultas sucesivas7.000.

A partir da terceira consulta.

Intervención10.184.

Consulta de psicoloxía:

Primeira consulta6.864.

Consultas sucesivas3.433.

Clases de preparación ó parto33.720.

G. Unidades de saúde bucodental.

Consulta preventiva:

Primeira consulta6.864.

Consultas sucesivas3.433.

Intervención10.184.

Consulta hixienista dental3.997.

H. Transporte sanitario.

Será por conta directa do paciente. En caso de que se realice con medios propios do Servicio Galego de Saúde facturarase aplicando as tarifas que se indican.

Entenderase por servicio urbano o realizado dentro da mesma localidade e por servicio interurbano o realizado entre dúas localidades distintas, computándose a distancia desde a localidade de orixe do traslado á localidade de destino.

As tarifas por servicios interurbanos serán aplicables cando do número de quilómetros efectuados en estrada se derive un importe superior, en contraprestación do servicio, ó prezo por servicio urbano correspondente á poboación onde teña a súa base a ambulancia.

1. Ambulancias non asistidas.

1.a) Servicio interurbano por cada quilómetro de:

Transporte programado68.

Transporte non programado73.

1.b) Servicios urbanos:

Para poboacións de máis de 200.000 habitantes:

Transporte programado1.993.

Transporte non programado2.214.

Para poboacións de ata 200.000 habitantes:

Transporte programado1.440.

Transporte non programado1.550.

1.c) O tempo de espera computarase cando se advirta ó conductor da ambulancia a necesidade do regreso do enfermo por traslados interurbanos, distantes máis de 40 quilómetros, aboándose a tarifa establecida a partir da 2ª hora de espera ou fraccións e ata un máximo de 3 horas, con independencia de que o servicio sexa programado ou non programado.

Tempo de espera por cada hora1.883.

2. Ambulancias asistidas.

Aplicaranse as tarifas por ambulancias asistidas cando o traslado do paciente se efectúe con persoas, médico e auxiliar, do Servicio Galego de Saúde. De non ser este o caso, a tarifa aplicable será a correspondente a ambulancias non asistidas.

2.a) Por cada servicio urbano38.192.

2 b) Por cada quilómetro de servicio interurbano234.

2 c) Por cada hora de espera4.429.

O cómputo e aboamento do tempo de espera realizarase tal e como se define no punto 1.c)

UVI Móbil.

-Persoal (médico, enfermeiro e conductor) prezo por hora15.698.

-Vehículo prezo por quilómetro405.

I. Dispositivos preventivos ou de risco controlado.

Establecemento de dispositivos preventivos e asistenciais, non incluíndose os gastos de vehículos de transporte sanitario:

Por cada equipo sanitario necesario non dispositivo:

-Coordinación e mobilización32.087.

-Por cada hora ou fracción de mantemento do dispositivo16.043.

ANEXO II

Tarifas de asistencia sanitaria a lesionados en accidentes de tráfico nos supostos recollidos no convenio marco de asistencia sanitaria derivada de accidentes de tráfico para o ano 2000 con institucións sanitarias públicas con cobertura de responsabilidade civil derivada do uso e circulación de vehículos de motor de subscrición obrigatoria, aplicables nas institucións propias ou nas alleas concertadas en réxime de administración e financiamento directo.

(En pesetas).

A. Hospitalización.

Por cada día de estadía hospitalaria quedando incluída a totalidade dos gastos asistenciais, pero facendo excepción do transporte que se facturará se é o caso á parte:

Estadía40.500.

Estadía UVI ou UCI67.900.

B. Asistencia ambulatoria.

Primeira consulta/urxencias18.650.