Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución:
Fago saber que neste xulgado se segue expediente de dominio para a reiniciación do tracto sucesivo nº 321/1999, por instancia de María del Pilar Otero Echart, representada pola procuradora María Pérez Otero, do seguinte predio e casa. Casa sinalada con primeiro da ruela que do Preguntoiro, vai á praciña da Peixería Vella, co dezanove accesorio na rúa do Preguntoiro, e co seis accesorio na praciña da Peixería Vella; ocupa a total extensión superficial de noventa e catro e medio metros cadrados. Linda: dianteira, sur, ruela que da rúa do Preguntoiro va á praciña da Peixería Vella; norte, traseira, cos sucesores ou habentes-causa de Pablo Corral; leste, esquerda saíndo, praciña da Peixería Vella; e oeste, dereita, a rúa do Preguntoiro. Figura inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela a nome de Ramón Mosquera Codesido, por título de compra segundo consta na inscrición 1ª do predio 5984, no folio 153 do libro 159, tomo 419, datada o trinta de outubro de mil
novecentos.
Por proposta da providencia de data 21 de decembro de 1999, admítese a trámite o expediente, ó cumprírense os seguintes requisitos legais, tendo acordado citar por medio de edictos a tódalas persoas que poida prexudica-la dita inscrición, cítense pois as persoas en paradoiro descoñecido, co obxecto de que dentro de dez días seguintes á citación ou publicación mencionada poidan comparecer ante este xulgado para alega-lo que no seu dereito conveña, segundo a pretensión formulada.
Expídese este edicto en Santiago de Compostela, o vinteún de decembro de mil novecentos noventa e nove.
O secretario
Rubricado

