Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.725

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DEZASETE DE MADRID

EDICTO (D-696/1999).

Eu, Soledad Ortega Ugena, secretaria do Social número dezasete dos de Madrid e a súa provincia, fago saber que por acta de suspensión de xuízo dictada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ramón Herrera Martínez contra Aplicaciones Sotil, S.L., en reclamación por procedemento ordinario, rexistrado co nº D-696/1999, se acordou citar a Aplicaciones Sotil, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 14-3-2000, ás 9.40 horas da mañá, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número dezasete, sito na r/ Hernani, 59, 4º Madrid, 28020, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba dos que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que lle sirva de citación a Aplicaciones Sotil, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no BOP e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

Madrid, tres de febreiro de dous mil.

A secretaria xudicial

Rubricado