Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de confinamento do solo contaminado por HCH no polígono de Torneiros, O Porriño.

1. Orzamento máximo: 942.361.158 pesetas, IVE incluído.

2. Prazo de execución do contrato: seis (6) meses.

3. Fianza provisional: non se esixe.

4. Fianza definitiva: 37.694.446 pesetas.

5. Clasificación esixida: grupo A, subgrupo 2, categoría E e grupo K, subgrupo 2, categoría E.

6. Forma de tramitación: ordinaria.

7. Prazo de presentación das proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños nº 2, antes das 14 horas do día 13 de abril de 2000, data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

8. Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre de documentación xeral, a establecida no punto 8.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre de referencias técnicas a establecida no punto 8.3 do referido prego.

-No sobre da proposición económica, a establecida no punto 8.4 do prego referenciado.

9. Apertura das proposición: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ás 12 horas do día 25 de abril de 2000.

10. Obtención da documentación:

-Copistería Copy Nino.

-Dirección: Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela.

-Teléfono: 981 58 89 38.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente