Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación de varias obras. (Expediente OU-99/Rep. 02 e dúas máis).

1ª Obra:

Reparación dos tellados no grupo Muñoz Calero en Ribadavia. Ourense. Expdte.: OU-99/REP 02.

Orzamento: quince millóns cincuenta e nove mil trescentas oito pesetas (15.059.308), IVE incluído.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Clasificación: grupo C; subgrupos 4 e 7; categoría c.

Garantía provisional: trescentas unha mil cento oitenta e seis pesetas (301.186), IVE incluído.

Garantía definitiva: seiscentas dúas mil trescentas setenta e dúas pesetas (602.372), IVE incluído.

2ª Obra:

Proxecto de reparacións xerais no grupo de 200 vivendas na II fase no polígono de Monteporreiro. Pontevedra. Expdte.: PO-98/REP 10.

Orzamento: oitenta millóns noventa e nove mil seiscentas trinta e catro pesetas (80.099.634), IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo C; subgrupos todos; categoría e.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: tres millóns duascentas tres mil novecentas oitenta e cinco pesetas (3.203.985), IVE incluído.

3ª Obra:

Proxecto e obra de construcción de 22 vivendas, garaxes e rochos en Soutelo de Montes-Forcarei. Pontevedra. Expdte.: PO-97/040.

Orzamento: cento sesenta e catro millóns setecentas trece mil catrocentas sesenta e seis pesetas (164.713.466), IVE incluído.

Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

Clasificación: grupo C; subgrupos 2, 4, 7 e 9; categoría d.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: seis millóns cincocentas oitenta e oito mil cincocentas trinta e nove (6.588.539) pesetas, IVE incluído.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rermatará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 19 02) no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo