Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.759

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 13 de marzo de 2000 pola que se modifica o anexo da Orde do 15 de novembro de 1999 para incluír novos datos nos modelos das actas de inspección co fin de recadar maior información nas inspeccións ambientais.

Dado que se advertiu a necesidade de introducir novos datos nos modelos das actas de inspección co fin de recadar máis información nas inspeccións que se leven a cabo e para unha maior eficacia na inspección ambiental, faise precisa a modificación do anexo da Orde do 15 de novembro de 1999 pola que se modifica a Orde do 30 de maio de 1996,

que regula o exercicio da inspección ambiental única e a tramitación das denuncias ambientais.

Na súa virtude, facendo uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, en relación co Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente

DISPOÑO:

Artigo único.-Os modelos das actas inspección ós que fan referencia tanto a Orde do 30 de maio de

1996, pola que se regula o exercicio da inspección ambiental única e a tramitación de denuncias ambientais, como a Orde do 15 de novembro de 1999 pola que se modifica a devandita Orde do 30 de maio de 1996, serán os recollidos no anexo desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente