Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.758

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de marzo de 2000 pola que se modifica a do 8 de xuño de 1998, pola que se establece o procedemento para a obtención das tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira e os seus modelos.

O Real decreto 1749/1999, do 19 de novembro, polo que se amplían as funcións e os servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ensinanzas profesionais náutico-pesqueiras, transfire a expedición das tarxetas acreditativas das titulacións náutico-pesqueiras que ata a data non expedía a Comunidade Autónoma.

Procede, xa que logo, adapta-la normativa vixente para a expedición das tarxetas naqueles aspectos modificados polos novos servicios transferidos.

Por todo o exposto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Introdúcense nos artigos e no anexo da Orde do 8 de xuño de 1998, pola que se establece o procedemento para a obtención das tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira e os seus modelos, que a continuación se enumeran, as modificacións que se indican, que se incorporarán a ela nos seguintes termos:

Artigo 1º. Dáselle nova redacción ó artigo:

«Artigo 1º

As tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira acreditativas das titulacións de competencia

de mariñeiro para pesca, patrón local de pesca, patrón costeiro polivalente, patrón de pesca local, patrón de 2ª clase de pesca litoral, mecánico de litoral, patrón de altura, mecánico maior naval, patrón de litoral, mecánico naval, capitán de pesca, patrón de pesca de altura, patrón de 1ª clase de pesca litoral, mecánico naval maior, mecánico naval de 1ª clase e mecánico naval de 2ª clase serán emitidas, logo de solicitude do interesado, de acordo co establecido na referida Orde do 8 de xuño de 1998 e no Real decreto 930/1998, do 14 de maio».

Artigo 4º. Dáselle nova redacción ó artigo:

«Artigo 4º

As tarxetas son válidas en todo o territorio do Estado español segundo establecido no Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la actividade profesional de patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente, o Real decreto 930/1998, do 14 de maio, sobre condicións xerais de idoneidade e titulación de determinadas profesións da mariña mercante e do sector pesqueiro e do Real decreto 1378/1997, do 29 de agosto, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ensinanzas náutico-pesqueiras».

Anexo II. Modíficase o anexo II.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2000.

P.D. (17-12-1997, DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura