Visto o texto do acordo asinado o día 4 de febreiro de 2000, pola comisión mixta paritaria do convenio colectivo para a empresa Setex-Aparki, S.A. (código 2700652), da provincia de Lugo, integrada pola representación da dita empresa e a dos seus traballadores, mediante o que se acorda a emenda de erros no texto do convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.
Esta delegacion provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.
Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.
Lugo, 15 de febreiro de 2000.
Manuel Teijeiro Alvarez
Delegado provincial de Lugo
Acta.
Pola parte empresarial:
Manuel Pérez Gegundez.
Pola parte social:
Javier Reguera Pérez.
Reunida a comisión mixta paritaria, formada polos arriba mencionados, na sede da empresa en Lugo, o 4 de febreiro de 2000, toman os seguintes acordos:
Dar traslado a esa oficina, que no anexo I, táboas salariais, do convenio colectivo para os traballadores da empresa Setex-Aparki, S.A. de Lugo, con data de rexistro 5 de novembro de 1999, e por erro ó confecciona-la dita táboa, na categoría de vixilante, no seu epígrafe salario base, consta 88.423 ptas, cando debería constar 90.154 ptas.
E que ámbalas partes recoñecen o dito erro, polo que solicitan a esa oficina que dean traslado ó BOP e DOG da nova táboa salarial.
Táboa salarial ano 2000. Convenio colectivo para os traballadores da empresa Setex-Aparki, S.A. de Lugo.
Categorías Salario bruto Salario base Incentivo Transporte
Mensual 14 pagas 14 pagas 14 pagas 14 pagas
Vixilante 119.132 90.154 5.366 23.612
Encargado servicio 177.952 115.776 18.974 43.320
Encargado mantemento 166.160 102.912 21.716 41.486
Administrativo 166.677 96.593 22.527 47.653
E para que conste para os efectos oportunos, asinan os arriba mencinados en Lugo o 4 de febreiro de 2000, sendo as 12.30 horas.
Rubricado