Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan requirimentos de documentación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Álvarez Villalaín, Edelmiro Antonio e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 24 de febreiro de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Álvarez Villalaín, Edelmiro Antonio

DNI: non consta

Castrelos-Costa, 22 Cs.

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte. S-654/98

Heitzmann Hernández, José Luis

DNI: non consta

Bo. As Gándaras de Budiño, 110

O Porriño

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 22177/98

Villar Vaamonde, José Vicente

DNI: non consta

Caldeirería, 60-2º B

Santiago de Compostela

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 21764/94

Villarrube, S.L.

CIF: non consta

Lg. Estacas

Fornelos de Montes

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 29267/97