Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto N/LU/97.10, acondicionamento da estrada LU-124, treito: Cruz da Cancela-Riotorto (termo municipal de Riotorto).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizará con cargó ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 12 de maio de 1999, o director xeral de Obras Publicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, procede á aprobación do proxecto de trazado das obras: acondicionamento da estrada LU-124, treito Cruz da Cancela-Riotorto, clave N/LU/97.10, termo municipal de Riotorto.

Con data do 15 de xullo de 1999, a Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 221/1999, publicado no DOG nº 146, do 30 de xullo de 1999.

Na súa virtude e, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Riotorto, para que comparezan no lugar, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Riotorto:

-Día: 24 de abril de 2000.

Horario: das 10 ás 14 horas.

De: Alonso Fiallega, Herminio a Corton Cabodevila, Magdalena.

-Día: 25 de abril de 2000.

Horario: das 10 ás 14 horas.

De: Corton Fernández, Luis a García Mel, Antonio.

-Día: 26 de abril de 2000.

Horario: das 10 ás 14 horas.

De: Gavin García, Estrella a Lourido Trigo, Carlos.

-Día: 27 de abril de 2000.

Horario: das 10 ás 14 horas.

De: Lugilde Basanta, María a Uz Comendeiro, Manuel.

-Día: 28 de abril de 2000.

Horario: das 10 ás 14 horas.

De: Valle Teijeiro, Virginia a Vilar Méndez, Josefa.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e o último recibo da contribución, podendo acompañarse pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 de Regulamento de Lei da expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, Ronda da Muralla, 70-27071-Lugo, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 1 de marzo de 2000.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo