Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a declaración de auga mineral natural do manancial Valmaior.

Jesús Bendaña Suárez, delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Jesús Marcos Chaos, con DNI 76.618.239-H, veciño de Folgoso do Courel, con domicilio en Paderne, en nome da súa nai, Margarita Chaos Parada, propietaria do manancial Valmaior, situado no concello de Folgoso do Courel, lugar de Paderne, solicita a declaración da condición mineral.

O que se fai público co fin de que tódolos que teñan a condición de interesados, no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, poidan face-las alegacións que coiden pertinentes.

Lugo, 2 de febreiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo