Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/336-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: non consta, 15009 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Gurís.

Situación: Trazo.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z., de 339 m de lonxitude, con orixe na rede que sae do C.T. Polbeira e discorrendo polo lugar do mesmo nome. Trazo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña