Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.089

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000131/2000, interposto por Fernando Pérez González.

Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0000131/2000, interposto por Fernando Pérez González, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 1 de decembro de 1999, desestimatoria de recurso de alzada contra a resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 13 de outubro de 1999 sobre non participación na convocatoria do Premio de Investigación Científico-Técnica para Investigadores Mozos (Ref. PR422A-99.16).

Esta consellería acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, remitirlle-lo correspondente expediente administrativo á dita sala, o que se notifica a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan constituírse en parte nos autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública