A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número un da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 54/00-3, interposto por Mª Jesús Gabín López, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 10 de decembro de 1999, pola que se desestima o recurso de alzada contra o acordo do 20 de xullo de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, catorce postos de inspectores de turismo (grupo B), vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública