Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle das parcelas B, D, E, W, X do polígono número 22 do PERI do Calvario (expediente 5685/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 16 de marzo de 2000, acordou aprobar inicialmente o reformado do estudio de detalle do polígono 22 do PERI do Calvario (expediente 5685/411), redactado polo arquitecto José A. Martín Curty, con visado do COAG con data do 20 de decembro de 1998, 8 e 21 de febreiro de 2000.

Sométese o dito expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 31 de marzo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo