Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 14 de febreiro do ano que corre, a modificación puntual nº 6 das NNSS de planeamento do Concello de Vilanova de Arousa, en comprimento do disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público o expediente nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.

Inserirase este edicto no DOG, no BOP e nun xornal dos de maior tirada de Galicia e o período para exame e presentación de reclamacións iniciarase, en todo caso, a partir do día seguinte ó da súa inserción no citado Diario Oficial de Galicia.

Vilanova de Arousa, 23 de febreiro de 2000.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde