Advertidos erros na Orde do 23 de decembro de 1999, publicada no DOG nº 3, do 5 de xaneiro de 2000, pola que se aproba o Plan de Explotación Xeral Marisqueira para o ano 2000, cómpre face-las oportunas correccións.
No artigo 1º.-Autorizacións marisqueiras.
-Na páxina 143:
* Confraría de Pescadores de Noia:
Onde di:
«Especies: berberecho, ameixa fina, ameixa babosa e ostra».
Debe dicir:
«Especies: berberecho, ameixa fina, ameixa babosa, bígaro e ostra».
* Plan de Vieira da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño.
Onde di:
«Punto de venda: lonxa de Rianxo».
Debe dicir:
«Punto de venda: lonxa de Aguiño».
* Plan de Vieira e Ostra da Confraría de Pescadores de Ribeira.
Onde di:
«Puntos de control: Coroso, Insua, Égoas, Touro, Airó e Castiñeiras.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro».
Debe dicir:
«Puntos de control: Coroso, Insua, Égoas, Touro, Airó, Castiñeiras e lonxa de Ribeira.
Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro».
* Plan de Ameixa Babosa e Rubia da Confraría de Pescadores de Ribeira:
Onde di:
«Días máximos de extracción: 149.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, outubro a decembro».
Debe dicir:
«Días máximos de extracción: 193.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, agosto a decembro».
* Confraría de Pescadores de Palmeira:
Onde di:
«Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa rubia, ameixa bicuda e vieira».
Debe dicir:
«Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa rubia, ameixa bicuda, berberecho e vieira».
* Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal:
Onde di:
«Puntos de control: Areal, Pozo e Friscos.
Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo; xullo a decembro».
Debe dicir:
«Puntos de control: a pé: Areal, Pozo e Friscos.
Desde embarcación: lancha de vixilancia da confraría.
Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo; xuño a decembro».
-Na páxina 144:
* Sociedade Coop. Ltda. Ría de Arosa:
Onde di:
«Épocas probables de extracción: xaneiro a xullo; setembro a decembro».
Debe dicir:
«Épocas probables de extracción: xaneiro a xuño; setembro a decembro».
* Confraría de Pescadores de Rianxo:
Onde di:
«Puntos de control: a pé: peirao de Rianxo».
Debe dicir:
«Puntos de control: a pé: na praia onde se traballe».
Artigo 3º.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.
-Na páxina 147:
* Confraría de Pescadores de Cariño:
Onde di:
«Días máximos de extracción: 113.
Épocas probables de extracción: xaneiro a maio; xullo a decembro».
Debe dicir:
«Días máximos de extracción: 108.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril; xullo a decembro».
-Inclúese o Plan da Asociación de Mariscadores Fuente de Santa Elena de Baldaio:
«Días máximos de extracción: 88.
Punto de control: Fonte de Santa Elena.
Especie: berberecho.
Épocas probables de extracción: xaneiro a xullo».
* Confraría de Pescadores de Fisterra:
Onde di:
«Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro».
Debe dicir:
«Épocas probables de extracción: xaneiro a abril e de xullo a decembro».
* Plan conxunto de ameixa rubia con endeño das confrarías de pescadores de Fisterra, Corcubión e O Pindo:
Onde di:
«Punto de control: peirao de Corcubión».
Debe dicir:
«Punto de control: lonxa de Fisterra e peirao de Corcubión».
* Plan conxunto das confrarías de pescadores de Lira e O Pindo:
Onde di:
«Épocas probables de extracción: marzo, abril, xullo, agosto, outubro a decembro».
Debe dicir:
«Épocas probables de extracción: marzo, abril, xuño, xullo, agosto, outubro a decembro».
-Nas páxinas 147-148:
* Confraría de Pescadores do Carril:
Onde di:
«Días máximos de extracción: 90 desde embarcación; 140 a pé.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: xaneiro a marzo, outubro a decembro».
Debe dicir:
«Días máximos de extracción: 52 desde embarcación; 140 a pé.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xuño a setembro».
Artigo 5º.-Percebe.
-Na páxina 149:
* Confraría de Pescadores do Barqueiro-Bares:
Onde di:
«Punto de venda: lonxa do Barqueiro».
Debe dicir:
«Punto de venda: lonxas do Barqueiro, Cedeira, S. Cibrao, O Vicedo e Cariño».
* Confraría de Pescadores de Espasante:
Onde di:
«Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro».
Debe dicir:
«Puntos de venda: lonxas de Espasante, O Barqueiro, Cedeira, S. Cibrao, O Vicedo e Cariño.
Épocas probables de extracción: xaneiro, e de marzo a decembro».
* Confraría de Pescadores de Cedeira:
Onde di:
«Días máximos de extracción: 120».
Debe dicir:
«Días máximos de extracción: 163».
-Na páxina 150:
* Confraría de Pescadores da Coruña:
Onde di:
«Zona de extracción: ámbito da confraría».
Debe dicir:
«Zona de extracción: zona de Suevos».
* Confraría de Pescadores de Caión:
Onde di:
«Días máximos de extracción: 205».
Debe dicir:
«Días máximos de extracción: 100».
* Confraría de Pescadores de Malpica:
Onde di:
«Zona de extracción: ámbito da confraría».
Debe dicir:
«Zona de extracción: autorización administrativa».
* Confraría de Pescadores de Corme:
Onde di:
«Zona de extracción: ámbito da confraría».
Debe dicir:
«Zona de extracción: autorización administrativa».
* Confraría de Pescadores de Camariñas:
Onde di:
«Punto de venda: lonxa de Camariñas».
Debe dicir:
«Punto de venda: lonxa da Coruña».
* Confraría de Pescadores de Fisterra:
Onde di:
«Zona de extracción: ámbito da confraría.
Puntos de control: peirao e embarcación de vixilancia.
Punto de venda: lonxa de Fisterra».
Debe dicir:
«Zona de extracción: ámbito da Confraría de Fisterra, illas Lobeiras e Carromeiro.
Puntos de control: lugares de acceso ás zonas, peirao e Confraría de Fisterra.
Punto de venda: lonxa de Fisterra e outras autorizadas».
* Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño:
Onde di:
«Puntos de control: illa de Sálvora, Area Basta, punta Couso, Espiñeiro e faro de Corrubedo».
Debe dicir:
«Puntos de control: illa de Sálvora, Area Basta, punta Couso, Espiñeirido, faro de Corrubedo e peirao de Aguiño».
Artigo 7º.-Equinodermos.
-Na páxina 152:
* Confraría de Pescadores de Camariñas:
Onde di:
«Punto de control e venda: lonxa de Camariñas».
Debe dicir:
«Punto de control: lonxa de Camariñas.
Punto de venda: lonxa de Camariñas e Muxía».
* Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño:
Onde di:
«Zona de extracción: ámbito da confraría». Debe suprimirse este parágrafo».
Artigo 8º.-Navalla e longueirón.
-Na páxina 153:
* Confraría de Pescadores de Corcubión:
Onde di:
«Puntos de control: praias de Corcubión, Cee e O Ézaro».
Debe dicir:
«Puntos de control: peirao de Corcubión e praias de Corcubión, Cee e O Ézaro».