Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.266

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 30 de marzo de 2000 pola que se regula a integración de determinado persoal do Hospital Provincial de Pontevedra e Hospital Psiquiátrico O Rebullón.

Consonte os principios establecidos na Lei xeral de sanidade, que configuran a existencia dunha sanidade integral, e ó abeiro da Lei 1/1989, de creación do Servicio Galego de Saúde, organismo que abrangue a xestión da totalidade dos centros e servicios hospitalarios da Comunidade Autónoma galega, estase a realiza-la transferencia dos centros sanitarios dependentes das corporacións locais á Comunidade Autónoma de Galicia no proceso de integración deles no citado organismo.

O persoal dos centros transferidos caracterízase por unha vinculación xurídica de carácter funcionarial ou laboral, diferente da que conforma o persoal do Servicio Galego de Saúde, que é de carácter estatutario. Por tal motivo estase a produci-la convivencia desas tres clases distintas que, dada a súa diferente regulamentación, deveñen nun conxunto de situacións xurídicas diversas, cos conseguintes problemas de xestión e organización do traballo.

As diferencias existentes entre os colectivos fan necesaria a súa homologación e integración funcional na rede sanitaria na procura da concordia imprescindible que garante unha convivencia pacífica e ordenada entre o persoal dos centros debidamente cohonestada coa organización do traballo.

Para tal fin, logo da negociación coas organizacións sindicais lexitimadas, publícase o Decreto 447/1996 do 26 de decembro (DOG nº 148, do 7 de xaneiro de 1997), no que se establecen as bases para a homologación e integración funcional do persoal transferido á Xunta de Galicia dos centros sanitarios das corporacións locais, de persoal pertencente ó Servicio Galego de Saúde con vínculo xurídico funcionarial dos corpos e escalas da Administración especial sanitaria e corpos xerais e doutro persoal con vínculo laboral fixo.

Na disposición derradeira do dito decreto facúltase a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais para adopta-las medidas necesarias para o desenvolvemento e execución deste e dicta-las disposicións que formalicen os procesos de homologacións que afecten os distintos colectivos de persoal mentados, coa secuencia temporal que considere conveniente.

Polo Decreto 58/1996 transfírese á Comunidade Autónoma de Galicia o persoal funcionario e laboral da institución sanitaria Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, e con sede nesta cidade.

Posteriormente, unha vez adscrito o citado complexo á rede do Sergas, a Consellería de Sanidade adscribiu o Hospital Provincial de Pontevedra ó Complexo Hospitalario de Pontevedra, e o Hospital Psiquiátrico Rebullón ó Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo.

Esta orde posibilita, dentro do marco normativo exposto e con opción voluntaria, a integración do persoal do Hospital Provincial de Pontevedra e Hospital Psiquiátrico Rebullón, tanto funcionarial como laboral, nos réximes estatutarios, sen afectación nin menoscabo dos dereitos normativamente recoñecidos.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

O persoal laboral fixo e/ou funcionario de carreira transferido á Comunidade Autónoma de Galicia polo Decreto 58/1996, do 8 de febreiro, do Hospital Provincial de Pontevedra integrado no Complexo Hospitalario de Pontevedra de conformidade co previsto no Decreto 229/1998, do 24 de xullo,e do Hospital Psiquiátrico O Rebullón, integrado no Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo de conformidade co Decreto 135/1998, do 23 de abril, poderá integrarse no correspondente réxime estatutario do persoal das institucións sanitarias do Sergas, nos termos e condicións que se establezan nesta norma, sempre que reúnan os requisitos de titulación esixidos pola lexislación vixente e que á súa entrada en vigor se encontre nalgún dos supostos seguintes:

a) En situación de activo.

b) En situación que implique a suspensión na relación de servicios laboral ou funcionarial, con reserva de posto de traballo, por algunha das causas establecidas na lexislación vixente, así como en situación de servicios especiais, no caso de persoal funcionario.

c) En situación de excedencia voluntaria, sempre que non transcorrese o tempo máximo desa excedencia prevista legalmente para cada caso. Neste suposto a integración efectuarase na situación de excedencia voluntaria e a posterior situación de activo obterase de conformidade co previsto na Lei 30/1999, de selección e provisión de prazas de persoal estatutario dos servicios de saúde. A opción

de integración poderá formularse no momento de solicita-lo reingreso ou no prazo previsto para o exercicio da opción que se estableza nesta norma.

Artigo 2º

Non poderá exerce-lo dereito de opción o persoal con vínculo temporal, de carácter funcionarial ou laboral transferido polo Decreto 58/1996, calquera que sexan as características de tal vínculo, que estea prestando servicios no Hospital Provincial de Pontevedra e Hospital Psiquiátrico de O Rebullón.

Artigo 3º

O persoal que exerza o dereito de opción da forma establecida no artigo 8º desta disposición integrarase nas categorías básicas do réxime estatutario que corresponda, segundo as características da praza orixinaria e a estatutaria de referencia.

Para tal efecto, establécese unha táboa de correspondencia como anexo I, na que se relacionan as categorías orixinarias funcionariais e laborais e as correlativas estatutarias.

Non obstante, ó persoal que desempeñe postos de traballo de xefaturas adquiridas en virtude de concurso ou libre designación expediráselle un nomeamento adicional no posto equivalente de carácter estatutario no momento da integración. Este nomeamento poderá ser definitivo, se o orixinario tiña tal condición ó ser obtido por concurso ou concurso-oposición, ou ben provisional, se aquel foi expedido en virtude do sistema de libre designación.

Ó persoal que resulte homologado nos réximes estatutarios da Seguridade Social respectaráselle, para tódolos efectos, a antigüidade que teña á entrada en vigor desta orde, aínda que os trienios que se lle recoñezan con posterioridade á data en que teña efectividade a integración serano de acordo co previsto na disposición 2ª.2 do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, e normativa de desenvolvemento aplicable.

Artigo 4º

O persoal que resulte homologado ó réxime estatutario integrarase no estatuto que resulte de aplicación, segundo o grupo e categoría á que pertenza, dentro dos tres existentes para o persoal estatutario nas institucións sanitarias do Sergas: Estatuto xurídico de persoal médico, Estatuto de persoal sanitario non facultativo e Estatuto de persoal non sanitario.

O réxime económico e xurídico do persoal que resulte integrado será o correspondente ó estatuto do persoal que en cada caso sexa de aplicación e a súa prestación de servicios adecuarase á estructura asistencial das institucións sanitarias do Sergas.

Artigo 5º

Ó persoal que, tendo efectuada a opción de integración, percibise retribucións superiores ás correspondentes á categoría de homologación no Sergas, recoñeceráselle un complemento persoal e transitorio consistente na diferencia de retribucións. O citado complemento será absorbido por calquera mellora retributiva que se produza neste exercicio ou posteriores, incluídas as derivadas de cambio de

posto de traballo ou categoría, de acordo coa normativa orzamentaria.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º g) da Lei 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999 e na disposición transitoria primeira do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, para o cálculo do complemento persoal transitorio, non se terán en conta as cantidades percibidas en concepto de atención continuada, complemento de nocturnidade, complemento de perigosidade, penosidade ou toxicidade, e realización de horas extraordinarias, así como calquera outro equiparable, nin as cantidades que en concepto de antigüidade teñan recoñecidas, ata a data en que remate o prazo de presentación de instancias do artigo 8º.

Artigo 6º

Ó persoal que non se integre nos estatutos do persoal da Seguridade Social respectaráselle o réxime económico e xurídico que se derive da súa situación de orixe, tanto funcionarial como laboral de remisión, coa dependencia orgánica e funcional do Sergas, de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 447/1996, do 26 de decembro.

Respecto das lagoas que se produzan na regulación dos dous colectivos, funcionarial e laboral, aplicarase por analoxía o estatuto de persoal da Seguridade Social relativo ó grupo e categoría de persoal equiparable.

A prestación de servicios deste persoal non integrado adaptarase ás características de funcionamento das institucións sanitarias do Sergas, do Complexo Hospitalario de Pontevedra o persoal do Hospital Provincial e do Complexo Hospitalario Xeral Cíes o persoal do Hospital Psiquiátrico de O Rebullón. Así, deste xeito, imbricarase, en plena harmonización, na estructura e organización de traballo dos centros sanitarios, debidamente cohonestado co resto do persoal que presta servicios sometido ó réxime estatutario.

Artigo 7º

O persoal funcionario que se integre nos réximes estatutarios da Seguridade Social será declarado, de conformidade co establecido no artigo 55 a) da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade no seu corpo ou escala de orixe.

Igualmente, o persoal laboral que se integre nos mesmos réximes será declarado na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade na súa categoría.

Artigo 8º

Sen prexuízo do establecido no inciso final do artigo 1º, o exercicio da opción de integración deberá realizarse con carácter individual, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da entrada en vigor desta orde, segundo modelo de instancia que se xunta como anexo II.

Os que non formulen opción expresa de integración entenderase que optan pola situación prevista no artigo 6º.

As solicitudes debidamente dilixenciadas pola dirección do centro dirixiranse á División de Recursos Humanos do Sergas, á Dirección Provincial do Sergas de Pontevedra ou á oficina de rexistro do complexo hospitalario, sen prexuízo do establecido no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O persoal que realice a opción achegará, xunto coa súa solicitude, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada da titulación académica ou, se é o caso, do libro de escolaridade.

b) O persoal médico achegará, así mesmo, fotocopia compulsada do título de especialista que posúa ou que o habilite para exerce-la praza que vén desempeñando.

Artigo 9º

As opcións serán resoltas pola División de Recursos Humanos no prazo máximo de dous meses desde que remate a presentación de instancias para formula-la opción de integración. O anteriormente exposto enténdese sen prexuízo do disposto no inciso final do artigo 1º desta orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-De acordo co establecido na disposición transitoria segunda da Orde do 26 de decembro de 1986 (BOE do 12 de xaneiro de 1987) e segundo o disposto na disposición adicional segunda do Decreto 447/1996, ó persoal que opte á homologación á categoría de auxiliar de enfermería non lle será esixido o título de formación profesional de primeiro grao, rama sanitaria, para integrarse na dita categoría, sempre que á súa entrada en vigor se atopasen prestando servicios en prazas desa categoría que resulten debidamente acreditados. Para tal fin o centro hospitalario expedirá certificación dos servicios prestados.

Segunda.-Os postos de traballo de orixe do persoal que opte pola súa integración nos réximes estatutarios consideraranse amortizados e reconvertidos, nos que determina para cada caso a táboa de homologacións que se inclúe no anexo I desta orde.

As vacantes que se produzan de persoal laboral ou funcionario que non se integren nos réximes estatutarios da Seguridade Social e que non estean afectados polas situacións previstas no artigo 1ºb) desta disposición, declararanse por extinguir para a súa amortización ou, se é o caso, substitución por prazas de persoal estatutario do Sergas.

Os postos de traballo vacantes ocupados polo persoal do artigo 2º desta norma consideraranse amortizados e reconvertidos en prazas de persoal estatutario, polo que o persoal que os ocupa cesará, na data en que teña efectividade a integración, no seu desempeño.

Non obstante, con efectos do día seguinte ó do cesamento, expediráselles un nomeamento ou formalizará un contrato, segundo corresponda, para ocupar co mesmo carácter a correspondente praza de persoal estatutario.

Terceira.-Con respecto ó complemento PRD por traballo a quendas, establecido para a remuneración das prestacións de servicios en réxime de quendas en aplicación do Acordo do 25 de xaneiro de 1996, sobre determinados aspectos retributivos e outras condicións de traballo de persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, publicado pola resolución conxunta da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, dado que este concepto retributivo é de aplicación con carácter fixo e periódico ás categorías de persoal ás que fai referencia o devandito acordo, aínda que con variación do seu importe en función do réxime de traballo por quendas concorrentes, incluirase entre as retribucións correspondentes á categoría de homologación para os efectos da determinación do complemento persoal e transitorio á que fai referencia o artigo 5º desta disposición.

A consideración deste complemento no cálculo do complemento persoal e transitorio practicarase sobre a asignación da contía correspondente á modalidade de traballo por quendas que corresponda ó posto de traballo de homologación, de conformidade co previsto no punto segundo do acordo ó que se fixo referencia no parágrafo anterior.

No suposto de producirse con posterioridade á homologación unha alteración no réxime de prestación de servicios do posto de traballo que determina a variación estable do réxime de traballo por quendas tomado en consideración para o cálculo do complemento persoal e transitorio, procederase á revisión do devandito CPT para reflectir nel a nova modalidade do complemento PRD por traballo por quendas que pase a resultarlle de aplicación.

A revisión do complemento persoal e transitorio á que se fixo referencia procederá unicamente mentres o traballador que optou pola integración se manteña no posto de traballo que pasa a desempeñar como consecuencia deste proceso. No suposto de pasar a desempeñar outro posto de traballo distinto, non se revisará o complemento persoal e transitorio aínda que varíe o réxime de traballo por quendas que resulte de aplicación.

Cuarta.

1. No que respecta ó persoal da categoría de oficial, a integración poderá efectuarse nas categorías estatutarias de lavandeira e costureira, segundo sexan as funcións que veñan realizando de xeito estable e regular na organización de traballo do centro e que resulten debidamente acreditadas mediante certificación expedida pola dirección deste.

2. En todo caso, será condición imprescindible reuni-los requisitos de titulación esixidos pola lexislación vixente para cada categoría de integración.

Disposicións transitorias

Primeira.-O persoal facultativo que se integre no réxime estatutario fará no momento da integración a opción polo réxime de dedicación normal ou de dedicación exclusiva ó sector público sanitario coa conseguinte renuncia ou solicitude de percepción do complemento específico, segundo o previsto no Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regula o réxime de percepción do complemento específico para o persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde e se establecen os prazos para formular solicitudes e renuncias.

A dita opción resolverase, conxuntamente coa solicitude de homologación, no prazo establecido nesta norma.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2000.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Persoal do Hospital Psiquiátrico O Rebullón

VínculoPosto de traballoCategoría básica de integración

FXefe de servicioFacultativo especialista de área

FXefe clínicoFacultativo especialista de área

FXefe clínicoFacultativo Xerarq. medicina xeral

FPsicólogoPsicólogo

FAdxuntoFacultativo especialista de área

FXefe de unidade con dedicación plenaEnxeñeiro técnico

FATS supervisoresATS

FATSATS

FAsistente socialAsistente social

FGraduado socialGrupo xestión

FAdministrativoGrupo administrativo

FOperador informáticaGrupo administrativo

FXefe grupoAuxiliar administrativo

FAuxiliar administrativoAuxiliar administrativo

FEncargado persoal de oficioGobernanta

FAlbanelAlbanel

FCarpinteiroCarpinteiro

FCociñeiroCociñeiro

FConductorConductor

FFontaneiro-calefactorFontaneiro

FMecánico-electricistaElectricista

FOficial cafeteríaGobernanta

FOficial lavanderíaLavandeira

FPintorPintor

FTelefonistaTelefonista

FXardineiro-varrendeiroXardineiro

FAuxiliar enfermeríaAuxiliar enfermería

FAuxiliar psiquiátricoAuxiliar enfermería

FOrdenanza porteiroCelador

VínculoPosto de traballoCategoría básica de integración

FAxudante persoal de oficioPinche

FOperario persoal de oficioLimpadora

LPsicólogo clínicoPsicólogo

LArquiveiraBibliotecaria

LATSATS

LOperario persoal de oficiosLimpadora

Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra

VínculoPosto de traballoFunc. Categoría básica de integración

FTécnico administración xeral Grupo técnico F. administrativo

FXefe de servicioFacultativo especialista de área

FXefe clínicoFacultativo especialista de área

FXefe clínicoFacultativo Xerarq. medicina xeral

FAdxuntoFacultativo especialista de área

FXefe de unidade con dedicación plenaEnxeñeiro técnico

FATS supervisoresATS

FATSATS

FFisioterapeutaFisioterapeuta

FMatronaMatrona

FAsistente socialAsistente social

FAdministrativoGrupo administrativo

FOperador informáticaGrupo administrativo

FTécnico especialistaTécnico especialista

FXefe grupoAuxiliar administrativo

FAuxiliar administrativoAuxiliar administrativo

FEncargado persoal de oficioGobernanta

FMestre de persoal de oficiosFontaneiro

FAlbanelAlbanel

FCarniceiroPinche

FCarpinteiroCarpinteiro

FCociñeiroCociñeiro

FElectricistaElectricista

FFontaneiro-calefactorFontaneiro

FMecánico-electricistaMecánico

FOficial costureiraCostureira

FOficial lavanderíaLavandeira

FTelefonistaTelefonista

FXardineiro-varrendeiroXardineiro

FAuxiliar enfermeríaAuxiliar enfermería

FAuxiliar psiquiatríaAuxiliar enfermería

FOrdenanza porteiroCelador

FAxudante persoal de oficioCelador

FAxudante almacénCelador

FAxudante de cerimonialCelador

FOperario persoal de oficioPinche

FOficial cerimonialAuxiliar administrativo

LOficialLavand.Lavandeira

LOficialCostur.Costureira

LTelefonistaTelefonista

LPinche cociñaPinche

LAxudante cociñaPinche

LAuxiliar administrativoAuxiliar administrativo

LOperario servicios variosPeón

LOrdenanzaCelador

LPsicólogo clínicoPsicólogo

LMédicoFacultativo especialista de área

LATS Complem. de toxicidadeATS

LATSATS

LMatronaMatrona

LMecánico-eléctricoElectricista

LAuxiliar de clínicaAuxiliar enfermería

LAxudante sanitarioCelador

Segundo a disposición adicional 4ª desta orde