Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000 pola que se convocan unhas Xornadas sobre urbanismo e rehabilitación do patrimonio.

Dentro do Plan de Actividades da Escola Galega de Administración Pública para 2000 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas Xornadas sobre urbanismo e rehabilitación do patrimonio, en colaboración coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos:

Xerar novas actitudes cara ó patrimonio cultural e dar a coñece-la normativa urbanística que posibilita a protección e rehabilitación do dito patrimonio. Ademais, reflexionar sobre as intervencións que se pretenden realizar nos edificios singulares e conxuntos históricos para consegui-la súa posta en valor e asegura-la súa conservación e a súa transmisión a xeracións futuras.

2. Contido:

Trataranse estes temas:

-Réxime xurídico da conservación do patrimonio histórico.

-A arquitectura nos cascos históricos.

-Intervencións no patrimonio histórico. Proxectos singulares.

-Rehabilitación de vivendas en núcleos históricos. O caso de Allariz.

-Técnicas urbanísticas de protección do patrimonio histórico.

-Patrimonio e cidade.

3. Destinatarios:

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento:

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas desenvolveranse no salón de actos da EGAP (polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela) os días 11 e 12 de maio de 2000.

5. Inscrición:

-Prazo: remata o martes, día 9 de maio de 2000.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela, segun

do o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscricións fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obte-la confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día 10 de maio, de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións:

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia:

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública