Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.323

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de marzo de 2000 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia e Administración Pública.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Conse

llería da Presidencia e Administración Pública (edificio administrativo de San Caetano nº 1, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo de solicitude que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que se aleguen.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería da Presidencia e Administración Pública. No caso de que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino na Administración xeral do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, na Administración local, ou que estea na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, considerándose favorable de non emitirse no prazo de 15 días, conforme o previsto no artigo

22 do Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no DOG o funcionario seleccionado non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, se se considerase oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, agás no suposto de procedencia doutras administracións públicas, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite de dous meses ó que se fai referencia no punto quinto desta orde.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Código do posto: PR.C99.10.000.15001.062.

Denominación do posto: xefe de Sección de Xestión Económica, Persoal e Habilitación.

Centro directivo: delegación provincial.

Localidade: A Coruña.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: ABC.

Nivel: 24.

C. específico: 1.077.372.