Providencia: autorizado por acordo desta dirección xeral, de data 11 de outubro de 1999, o alleamento en pública poxa dos bens mobles embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Vigo como da propiedade do debedor Gumersindo Rodríguez Gil, NIF: 36.092.856Z, que a continuación se describen:
Lote 1 :
Embarcación marca Ducato, modelo Festival color blanco.
Tipo: 40.000 ptas.
Lote 2:
Motor fóra borda, marca Yamaha, potencia 85 CV.
Tipo: 330.000 ptas.
e, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.
Fago saber que, o día 11 de maio de 2000 ás 12 horas, na Zona de Recadación de Vigo, r/ Areal nº 62, local 3, de Vigo, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo realizarase a dita poxa.
Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte.
1. Que os ditos bens se encontran, para o seu exame, depositados no Almacén de Inspección Pesqueira da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro - Lugo.
2. Que consta en poder da Zona de Recadación de Vigo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.
3. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por cento do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito ingresarase en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.
4. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas de procedemento.
5. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.
6. Que se admitirán ofertas en sobre pechado, debendo axustarse ó disposto no número 3 do artigo 147 do Regulamento xeral de recadación.
7. Que se realizará unha segunda licitación cando a mesa, ó remata-la primeira, o xulgue pertinente, así como que se poderá realiza-la súa adxudicación directa cando os bens non fosen adxudicados na poxa.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2000.
María Casais Mira
Directora xeral de Tributos